Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

Down Galicia estrea un vídeo explicativo sobre a nova reforma lexislativa en materia de discapacidade

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Galicia estrea un vídeo explicativo sobre a nova reforma lexislativa en materia de discapacidade

6 Setembro, 2021

» Down Galicia estrea un vídeo explicativo sobre a nova reforma lexislativa en materia de discapacidade

O pasado 3 de setembro entraba en vigor a “Lei 8/2021, do 2 de xuño, pola que se reforma a lexislación civil e procesual para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica”, unha reforma moi esperada que remata coas incapacitacións xudiciais das persoas con discapacidade.

Con motivo desta nova lei, a Federación Down Galicia acaba de publicar un vídeo explicativo co que pretende que todas as persoas alleas ao mundo lexislativo poidan comprender en poucos minutos os principais cambios con respecto á normativa anterior.

Da man de Maripaz García Rubio, Catedrática de Dereito Civil da Universidade de Santiago de Compostela e membro da Sección Primeira da Comisión de Codificación encargada da elaboración do borrador do proxecto de lei, o documento audiovisual vai repasando as novidades máis salientables, como son a desaparición de figuras como a tutela ou a patria potestade prorrogada e a proposta, no seu lugar, dun sistema de apoios individualizados e adaptados ás necesidades de cada persoa para que poidan tomar as súas propias decisións libremente e con toda a información posible.

Deste xeito, a Federación pretende dar a coñecer de xeito sinxelo e comprensible o alcance desta reforma, o seu principal obxectivo, os apoios previstos na lexislación, o significado real do novo sistema proposto ou a situación na que quedan as persoas con discapacidade que estaban incapacitadas xudicialmente ata este momento.

O vídeo está dispoñible na seguinte ligazón: https://youtu.be/viV6VMiEsQ8

 

 

Coa entrada en vigor desta normativa dáse cumprimento ao mandato do artigo 12 da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, que obriga aos Estados parte, entre eles España, a garantir a igual capacidade xurídica das persoas con discapacidade en todo o tráfico xurídico, sen restricións nin exclusións, prestando apoios para a toma de decisións cando sexa preciso, pero sen substituír á propia persoa.

Esta reforma legal, unha das principais demandas dos colectivos de persoas con discapacidade desde hai moitos anos, supoñerá un cambio radical en como o Dereito civil entende a discapacidade e ás persoas con discapacidade, pasando do esquema paternalista e restritivo de dereitos da substitución ao promotor dos apoios na toma de decisións.

Entradas relacionadas

CERMI Galicia esixe que a inclusión das persoas con discapacidade comece desde a infancia
3 Maio, 2022
A metodoloxía Emprego con Apoio das entidades Down fai fronte á crise con case 190 contratos de traballo en empresas ordinarias en 2021
29 Abril, 2022
O CEESG súmase a Down Galicia na procura dun envellecemento activo e saudable para as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
25 Abril, 2022
CERMI Galicia expón as principais reivindicacións das persoas con discapacidade ante o Parlamento de Galicia
12 Abril, 2022
As entidades sociais galegas piden o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda
8 Abril, 2022
Down Galicia desenvolve 17 proxectos neste 2022 grazas ás persoas que marcaron o X solidario
7 Abril, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa
Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}