Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Galicia realiza unha etapa do Camiño Inglés ao abeiro do programa “O Teu Xacobeo” da Xunta de Galicia

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Galicia realiza unha etapa do Camiño Inglés ao abeiro do programa “O Teu Xacobeo” da Xunta de Galicia

11 Setembro, 2021

» Down Galicia realiza unha etapa do Camiño Inglés ao abeiro do programa “O Teu Xacobeo” da Xunta de Galicia

Co obxectivo de unir ás persoas usuarias e ás súas familias en torno á beleza do Camiño de Santiago, a Federación Down Galicia organizou este sábado unha andaina entre as localidades de Ferrol e Neda, na que persoas vencelladas á entidade local Teima Down Ferrol compartiron momentos de intercambio, de aprendizaxe e de lecer.

Esta etapa do Camiño Inglés, conducida por dous guías expertos no Camiño de Santiago e adaptada a unha linguaxe máis sinxela para facilitar a comprensión das persoas participantes coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, ofreceu información sobre patrimonio, localidades, riqueza paisaxística, flora e fauna, entre outras.

Para dar comezo a esta xornada, Patricia Serantes, presidenta de Teima Down Ferrol, Delmiro Prieto, presidente de Down Galicia, e Gonzalo Trenor, Delegado Territorial da Xunta en A Coruña, quixeron animar ás 53 persoas participantes e destacar a importancia da iniciativa “O Teu Xacobeo”.

Na primeira das intervencións, a presidenta de Teima Down Ferrol, quixo destacar que o que se busca desde as entidades Down de Galicia é que as persoas usuarias “estean nos lugares nos que está todo o mundo” e quixo dar as grazas á Xunta “polo apoio a este proxecto”.

Pola súa banda, Delmiro Prieto González, presidente de Down Galicia, destacou que “este tipo de iniciativas son moi necesarias, pois poñen en valor a diversidade social e cultural existente en Galicia”. Así mesmo, Prieto quixo unir o Camiño de Santiago co camiño percorrido polas entidades Down recalcando que “a senda da inclusión é a que non se debe deter nunca” e agradeceu o apoio da administración autonómica durante este tempo.

Por último, Trenor agradeceu “todo o traballo que están a facer Down Galicia e as súas entidades” e destacou o éxito deste ano Xacobeo. Ademais, quixo resaltar a importancia do programa “O Teu Xacobeo”, que “permite que este evento faga partícipes a moitísimas persoas e entidades e non quede unicamente nunha cuestión de promoción desde a administración”.

O vindeiro sábado 25 de setembro, a Federación organiza unha segunda camiñada, esta vez co Camiño Portugués como escenario.

 

O Camiño do Movemento Down

Estas dúas actividades enmárcanse no proxecto “O Camiño do Movemento Down”, que tanto a Federación como as súas entidades quixeron levar a cabo neste Ano Santo ao abeiro do programa “O Teu Xacobeo” da Xunta de Galicia.

Esta iniciativa creouse para ofrecer ás persoas vencelladas á Federación e ás entidades Down en Galicia un espazo de encontro e participación no que compartir inquedanzas e experiencias en torno ás persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual e ás súas familias, así como aumentar o sentimento de unión e de pertenza ao movemento asociativo desta discapacidade en Galicia.

Á súa vez, búscase que as persoas participantes gocen das rutas de diferentes Camiños de Santiago, aprendendo e desfrutando do patrimonio existente e da natureza que o envolve.

Inicialmente, este proxecto estaba distribuído en dúas fases, con 14 etapas intermedias durante os meses de verán e cunha etapa final de encontro entre tódalas persoas participantes que tivo que ser cancelada por mor da crise sanitaria derivada da pandemia da COVID-19.

Entradas relacionadas

Esforzo e dedicación no proceso selectivo estatal para o ingreso como persoal de tarefas complementarias de apoio
20 Setembro, 2023
Un verán cheo de actividades para os mozos e mozas de Down Lugo
4 Setembro, 2023
Teima e a Deputación da Coruña asinan un convenio de colaboración para apoiar economicamente o Servizo de Formación Sociolaboral e Emprego da entidade
30 Agosto, 2023
Premio Insua dos Poetas a Down Galicia polo seu labor no eido da acción social
31 Xullo, 2023
Magníficos resultados dos mozos e mozas de entidades Down nas probas de Competencias Clave
26 Xullo, 2023
Down Galicia denuncia ante a xustiza á Consellería de Educación pola discriminatoria orde de axudas para material escolar
18 Xullo, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}