Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Os Campionatos “Baristas Down” álzanse cun dos premios da revista La Alacena Roja

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Os Campionatos “Baristas Down” álzanse cun dos premios da revista La Alacena Roja

23 Setembro, 2021

» Os Campionatos “Baristas Down” álzanse cun dos premios da revista La Alacena Roja

Os “Campionatos Baristas Down” foron unha das catro iniciativas galardoadas cos premios que cada ano outorga a revista La Alacena Roja. Nunha gala celebrada o pasado 13 de setembro no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago de Compostela, a publicación, que este 2021 cumpre o seu oitavo ano de vida, recoñeceu as mellores iniciativas turísticas e gastronómicas do último ano.

Os Campionatos Baristas Down, creados en 2012 pola empresa Cafento e coorganizados pola Fundación Down Compostela, alzáronse co galardón na categoría ‘Del beber’, compartido co establecemento melidense Ribeirao Viñoteca.

Ademais destes recoñecementos, tamén se procedeu á entrega dos premios a ‘Los mejores de 2021’ nas categorías ‘Del comer’, recaendo no restaurante Culler de Pau, e ‘Del viajar’, para o Parador Costa da Morte.

A partir dunha lista de candidatos nomeados polo equipo editor da revista, en función da traxectoria e méritos dos mesmos, un xurado mixto foi o encargado de elixir os mellores en cada categoría. Por unha banda, un xurado profesional composto por 12 expertos en diferentes áreas e, por outro, un xurado popular composto polos seguidores e seguidoras de La Alacena Roja, que votaron durante a última semana a través da páxina web www.laalacenaroja.com.

 

Sobre os Campionatos Baristas Down

Os Campionatos Baristas Down, creados pola empresa cafeteira Cafento, son unha iniciativa pioneira no mundo que consiste en levar as competicións entre profesionais expertos na cultura do café de calidade ás persoas coa síndrome de Down.

O primeiro Campionato Barista Down desenvolveuse en Galicia no ano 2012, co obxectivo de visibilizar o traballo das persoas coa síndrome de Down e as súas posibilidades de integrarse no mercado laboral como baristas. A partir deste intre, celebráronse ao longo da xeografía española diversos Campionatos Baristas Down, entre os destacan os de Asturias, Andalucía, Comunidade Valenciana e Rexión de Murcia.

Grazas a estes certames, máis dun centenar de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais de toda España puideron formarse como especialistas no mundo do café. Delas, case unha trintena tivo ocasión de realizar prácticas laborais en diversos tipos de establecementos de hostalería.

Pero máis aló de pretender contribuír á inserción laboral, e consecuente autonomía das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, os Campionatos Baristas Down queren ser unha oportunidade para visibilizar a este colectivo como persoas perfectamente capaces.

Entradas relacionadas

A Deputación de Ourense colabora no proxecto Emprego Con Apoio de Down Galicia na provincia
28 Novembro, 2023
Tres mulleres de Xuntos acadan un posto de traballo en empresas da comarca de Pontevedra
24 Novembro, 2023
Máis de 500 persoas recibiron formación no programa integrado para o fomento da empregabilidade de persoas vulnerables no que participou a Federación
15 Novembro, 2023
Máis de mil cincocentas accións desenvoltas no Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia, que atende a 249 persoas demandantes
24 Outubro, 2023
Esforzo e dedicación no proceso selectivo estatal para o ingreso como persoal de tarefas complementarias de apoio
20 Setembro, 2023
Teima e a Deputación da Coruña asinan un convenio de colaboración para apoiar economicamente o Servizo de Formación Sociolaboral e Emprego da entidade
30 Agosto, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}