A Federación Down Galicia súmase ao manifesto e á campaña da EAPN España contra a exclusión residencial.
A vivenda está nunha situación de emerxencia, tamén para as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais. O incremento do seu prezo afecta máis ás persoas que están nunha situación de vulnerabilidade como a que causa ter unha discapacidade.
Consulta aquí a páxina web e manifesto da campaña.
Inscríbete aquí na xornada ‘Asegurando o dereito a unha vivenda digna, axeitada e accesible’, que organiza a EAPN Galicia o 30 de setembro.