downgalicia@downgalicia.org981581167
FacebookInstagramTwitterYouTubeFlickr
Down Galicia
Down Galicia
Síndrome de Down e inclusión
  • Galego
    • Español
    • English
 
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

Down Galicia sensibiliza ao alumnado da USC sobre o envellecemento acelerado das persoas coa síndrome de Down

  • Traballamos

  • Medramos

  • Aprendemos

Down Galicia sensibiliza ao alumnado da USC sobre o envellecemento acelerado das persoas coa síndrome de Down

8 Outubro, 2021

» Down Galicia sensibiliza ao alumnado da USC sobre o envellecemento acelerado das persoas coa síndrome de Down

O pasado 5 de outubro, representantes da Comisión de Envellecemento de Down Galicia, impartiron no Máster de Psicogerontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela unha unidade didáctica sobre como envellecen as persoas coa síndrome de Down.

Nas dúas horas que durou a súa intervención, Sonia Caldas, xerente da Federación, e Sandra Peña, responsable da área de vida adulta de Down Pontevedra Xuntos, explicaron ao alumnado deste máster as características do proceso de envellecemento das persoas coa síndrome de Down, expuxeron a situación actual do colectivo en relación con esta etapa vital e proporcionaron recursos, metodoloxías e estratexias básicas para a súa atención.

A Federación Down Galicia sensibiliza desde hai anos ao alumnado das tres universidades galegas sobre os beneficios que achega a inclusión das persoas maiores coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais na contorna natural, en beneficio dunha atención integral que retarde o proceso de envellecemento e permita detectar necesidades e prestar os apoios necesarios incidindo na calidade de vida.

 

O envellecemento das persoas coa síndrome de Down

Envellecer é un proceso natural para todas as persoas, pero non deixa de ser unha conquista para aquelas que teñen síndrome de Down. Na actualidade a esperanza de vida das persoas con esta alteración cromosómica sitúase ao redor dos 60 anos.

Este logro vén derivado do estudo e do coñecemento exhaustivo da realidade e necesidades do colectivo, dando lugar a unha mellora exponencial da súa calidade de vida e, moi especialmente, a unha mellor e máis especializada atención no campo da saúde. Por suposto, tamén polas melloras na atención social a través de entidades de apoio, mediante as que se conseguiu previr a dependencia e aumentar as cotas de autonomía das persoas pertencentes a este colectivo.

Pero a realidade é que as persoas coa síndrome de Down experimentan un proceso de envellecemento acelerado, polo que a partir dos 40-45 anos comezan a presentar trazos típicos da poboación envellecida.

É por iso que é de vital importancia levar a cabo un exhaustivo control médico que teña en conta os problemas clínicos desde que son persoas adultas ata que envellecen, xa que, por unha banda, será necesario adiantar a idade de aplicación de certos protocolos para probas diagnósticas e, por outro, será de especial relevancia o coidado da saúde e a prevención da dependencia e a saúde mental.

O descoñecemento da realidade das persoas coa síndrome de Down nesta etapa vital xera moitas dificultades para a realización de diagnósticos que diferencien adecuadamente entre comportamentos ou condutas propias da persoa con discapacidade intelectual, doutros que poidan indicar a presenza dalgunha enfermidade mental ou deterioración cognitiva. Fai falta, por tanto, introducir entre as medidas para levar a cabo, unha recollida de información sistematizada, obxectiva e periódica que contribúa á elaboración dun perfil de funcionamento que axude a detectar cambios significativos que poidan ser indicadores da presenza dunha enfermidade ou trastorno.

Asumir que as persoas coa síndrome de Down vivirán moitos anos implica introducir as medidas necesarias que contribúan a alcanzar esta etapa vital coa maior calidade de vida posible e que permitan planificar este momento da vida da forma máis idónea.

Desde as entidades Down de Galicia cremos firmemente en que o modelo de vida inclusivo que promovemos, que garante a participación en contornas e servizos comunitarios, terá unha repercusión positiva no envellecemento das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.

Entradas relacionadas
CERMI Galicia esixe que a inclusión das persoas con discapacidade comece desde a infancia
3 Maio, 2022
A metodoloxía Emprego con Apoio das entidades Down fai fronte á crise con case 190 contratos de traballo en empresas ordinarias en 2021
29 Abril, 2022
O CEESG súmase a Down Galicia na procura dun envellecemento activo e saudable para as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
25 Abril, 2022
As entidades sociais galegas piden o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda
8 Abril, 2022
Down Galicia desenvolve 17 proxectos neste 2022 grazas ás persoas que marcaron o X solidario
7 Abril, 2022
Down Galicia e ACDgal alíanse para promover o envellecemento activo e saudable das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
5 Abril, 2022
Máis novas
Multimedia
Publicaciones
Revista down
Búsqueda de empleo
Envellecimiento Activo
Colaboradores
Identidade Corporativa
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
    
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto





Calidad AenorCalidad Aenor
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}