Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

O Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia atende a 252 persoas usuarias de entidades Down desenvolvendo máis dun milleiro de accións

Traballamos

Medramos

Aprendemos

O Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia atende a 252 persoas usuarias de entidades Down desenvolvendo máis dun milleiro de accións

11 Outubro, 2021

» O Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia atende a 252 persoas usuarias de entidades Down desenvolvendo máis dun milleiro de accións

O Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia acumulou no pasado período 1.424 accións de orientación para un total de 252 persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais en busca activa de emprego. O balance está encadrado entre febreiro de 2020 e xaneiro de 2021, no caso das profesionais de orientación das provincias de A Coruña e Pontevedra, e de agosto de 2020 a agosto de 2021 da profesional que da servizo ás provincias de Lugo e Ourense.

As accións de orientación realizadas van encamiñadas a facilitarlle estratexias e recursos axeitados ás persoas inscritas na bolsa de demandantes do Servizo de Orientación de Down Galicia, de xeito que a súa busca activa de emprego sexa máis efectiva. Os grandes grupos de accións de orientación laboral compóñense de entrevistas personalizadas (1.042), sesións grupais (235) e entrevistas fóra de axenda debido maiormente ás situacións de ERTE (147), co obxectivo de dar resposta ás necesidades das persoas demandantes de emprego en función do seu perfil profesional.

Por outra banda, tamén se levaron a cabo 33 itinerarios personalizados de inserción e se mantiveron reunións ou entrevistas telefónicas coas familias, chegando a un total de 161 nos meses analizados. Ademais de 115 visitas e contactos con entidades públicas e privadas, así coma 2 empresas de ámbito autonómico visitadas e contactadas. Finalmente, este labor desenvolveuse grazas á coordinación co persoal técnico de Emprego das entidades Down e o equipo de Down Galicia, cun total de 344 reunións.

A raíz da crise sanitaria por mor da pandemia da Covid-19, moitas das accións deste período realizáronse a distancia. Deste xeito, a través de distintas plataformas e aplicacións, as persoas usuarias do servizo nestas zonas puideron seguir recibindo asesoramento personalizado en materia laboral.

O servizo conta con persoal técnico especializado e realiza as súas actuacións nas principais cidades galegas. Para iso, conta con tres orientadoras laborais, que prestan servizo itinerante desde os tres centros de traballo, situados en Santiago de Compostela, Vigo e Ourense, para dar cobertura á provincia de A Coruña -Ferrol, A Coruña, e Compostela-; á provincia de Pontevedra -Pontevedra e Vigo-; e ás provincias de Ourense e Lugo -Ourense, Lugo e Monforte de Lemos-, respectivamente.

O Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia é centro colaborador do Servizo Público de Emprego de Galicia, tendo competencias en materia de modificación de datos e actualización dos currículos das persoas demandantes derivadas á entidade. Durante o período referenciado, este servizo foi financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral.

Entradas relacionadas

SEUR contrata de forma indefinida a Manu Otero, membro de Down Compostela
14 Xuño, 2022
As entidades Down sensibilizan sobre a importancia do emprego ordinario en distintos centros de formación profesional
10 Xuño, 2022
O Campionato de Baristas Down de Galicia volve á presencialidade na súa novena edición
8 Xuño, 2022
‘O Quiosco de Down Experience’ participa na ‘EA! Gastrosocial Experience’
6 Xuño, 2022
AFACO contrata a unha moza de Down Coruña como axudante de cociña
12 Maio, 2022
Down Lugo presenta o programa Emprego con apoio na Facultade de ADE do campus lucense
5 Maio, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa
Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}