Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Máis de 140 persoas vencelladas a Down Coruña participan na carreira ENKI pola inclusión

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Máis de 140 persoas vencelladas a Down Coruña participan na carreira ENKI pola inclusión

25 Outubro, 2021

» Máis de 140 persoas vencelladas a Down Coruña participan na carreira ENKI pola inclusión

O pasado sábado 23 de outubro tivo lugar na cidade da Coruña a Carreira solidaria ENKI, na que participaron, un ano máis, membros e amizades da asociación Down Coruña.

Trala edición virtual de 2020, esta proba lúdica recuperaba este ano o seu carácter presencial e, para celebralo, máis de 140 persoas vencelladas á entidade participaron na popular carreira de obstáculos.

Nesta ocasión, o grupo decidiu disfrazarse de indios e vaqueiros, pero amosando unha perspectiva de unión en favor da inclusión. “Pretendemos unificar posturas e crear un só bando que camiñe unido ante unha causa común: o respecto á diversidade”, sinalan desde Down Coruña.

As persoas participantes na carreira puideron desfrutar dun circuíto de 2,46 quilómetros e 17 obstáculos diferentes, con inicio na zona da Mariña e meta na praza de María Pita, na que estiveron presentes varias entidades sociais no chamado “Espazo da Solidariedade”.

No seu punto de inicio tiveron lugar oito saídas, unha cada media hora en grupos de 500 persoas (desde as 16.00 ás 19.30 horas) ata completar a participación dos 4.000 dorsais presenciais adquiridos e que alcanzaron unha suma de 32.975 euros. Esta cantidade será destinada ao desenvolvemento de actividades de ocio e deporte inclusivo de distintas entidades sociais.

A carreira  ENKI é unha cita única en Galicia, que nace no ano 2014 como unha proba lúdica, non competitiva, apta para todas as idades e condicións que, a través do xogo, promove a inclusión e a visualización de colectivos e persoas con diversidade funcional, así como o respecto e a educación na diversidade.

Entradas relacionadas

Á venda o calendario solidario de Down Coruña 2023
29 Decembro, 2022
A curta “Felisa e Manolo”, creada por membros de Xuntos, acada o primeiro premio do concurso “Curtas D-Medo” do Concello de Barro
9 Novembro, 2022
O Encontro de mozos, mozas e persoas adultas de Down Galicia reúne a máis de 130 persoas que esperan “poder repetir moi pronto”
3 Outubro, 2022
O Quiosco de Down Experience únese a Just Eat para servir os seus produtos a domicilio
30 Agosto, 2022
Down Coruña acredita de novo a súa transparencia e boas prácticas e revalida o selo da Fundación Lealtad
17 Agosto, 2022
Down Lugo espreme o verán con dúas excursións á costa atlántica
29 Xullo, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}