downgalicia@downgalicia.org981581167
FacebookInstagramTwitterYouTubeFlickr
Down Galicia
Down Galicia
Síndrome de Down e inclusión
  • Galego
    • Español
    • English
 
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

Down Lugo colabora coa asociación Michos de Lugo no coidado e benestar das colonias felinas da cidade

  • Traballamos

  • Medramos

  • Aprendemos

Down Lugo colabora coa asociación Michos de Lugo no coidado e benestar das colonias felinas da cidade

28 Outubro, 2021

» Down Lugo colabora coa asociación Michos de Lugo no coidado e benestar das colonias felinas da cidade

Durante este pasado mes de setembro, aproveitando o reinicio das actividades tralo parón do verán, un grupo de persoas usuarias de Down Lugo realizaron labores de voluntariado coa asociación local Michos de Lugo. Desta forma, nestas últimas semanas, varios mozos e mozas da entidade realizaron distintos materiais para o descanso dos gatos das colonias da cidade.

Empregando como base caixas de froita, os voluntarios e voluntarias crearon camas que, tras ser pintadas e decoradas, serán repartidas entre as casas de acollida e adopción dos felinos ou serán vendidas nos mercadiños solidarios que a asociación Michos de Lugo organiza ao longo do ano.

Así mesmo, durante a execución desta actividade, as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais concienciáronse sobre a importancia do coidado e o benestar dos animais e asentaron a idea de que as persoas con discapacidade tamén poden exercer como axentes activos do cambio mellorando a súa contorna a través do voluntariado.

Esta non é a primeira vez que as persoas usuarias de Down Lugo colaboran como voluntarios e voluntarias, xa que antes da chegada da pandemia, varios mozos e mozas estiveron asistindo con regularidade a un centro de día da cidade, onde compartiron tempo coas súas persoas maiores. Alí, axudáronlles cos seus exercicios de memoria, xogaron xuntos ao bingo, fixeron manualidades, acompañáronas ao comedor, conversaron de temas do día a día…

O acto de entrega do material elaborado, no que participaron representantes das dúas entidades e as persoas voluntarias encargadas da elaboración das camas, tivo lugar onte no local da Asociación Down Lugo, ubicado na rúa Miguel de Cervantes.

Sarai Lodeiro Castro, traballadora de Down Lugo encargada da actividade, destacou que “foi un pracer ver a boa acollida que tivo a iniciativa entre as persoas participantes, que non só gozaron moito durante esta primeira fase de colaboración, senón que quedan con ganas de poder ir puntualmente a alimentar aos animais, e por parte de Michos de Lugo pola ilusión coa que recibiron a proposta”.

Desde a entidade esperan que “esta sexa a primeira de moitas colaboracións” que  poidan xurdir entre as asociacións.

Así mesmo, Michos de Lugo, que ten entre os seus obxectivos a promoción de boas prácticas de convivencia con gatos da rúa na sociedade, valora moi positivamente a colaboración prestada por Down Lugo, e recibe con satisfacción e agarimo os materiais realizados polos mozos e mozas para o descanso dos gatos das colonias da cidade.

A Xunta Directiva de Michos de Lugo agarda que esta primeira colaboración poida ter continuidade, considerando que constitúe un bo exemplo de resposta da sociedade ante a obriga de respectar e atender aos gatos da rúa, lembrando as palabras de Gandhi “a grandeza dunha nación e o seu progreso moral poden ser xulgados polo xeito en que se trata ao seus animais”.

Michos de Lugo é unha asociación de carácter local que ten como finalidade o control e coidado das colonias de gatos da cidade de Lugo. Fináncianse a través dun convenio coa administración local, das doazóns recibidas e das achegas dos seus socios e socias, sendo todos os seus membros persoas voluntarias. Traballan baixo o método CES (captura, esterilización e solta) e os seus obxectivos son atender ás colonias felinas, buscar un fogar para os gatos das colonias rescatados e sufragar tamén os gastos derivados do coidado dos gatos enfermos en clínicas veterinarias colaboradoras.

Entradas relacionadas
Down Lugo presenta o programa Emprego con apoio na Facultade de ADE do campus lucense
5 Maio, 2022
O Concello de Agolada contrata un ano máis a un mozo de Down Lugo trala sinatura dun novo convenio coa entidade
13 Abril, 2022
Persoas usuarias da asociación Down Lugo saen á rúa a reclamar os seus dereitos polo Día Mundial da Síndrome de Down
22 Marzo, 2022
O Xacobeo ilumina monumentos de Galicia co emblema das entidades Down para apoiar o Día Mundial da Síndrome de Down
18 Marzo, 2022
Mozos e mozas de Down Lugo comparten as súas opinións e vivencias a través da web da entidade
18 Febreiro, 2022
A Deputación de Lugo e o CB Breogán colaboran na visibilización do labor de Down Lugo
14 Decembro, 2021
Máis novas
Multimedia
Publicaciones
Revista down
Búsqueda de empleo
Envellecimiento Activo
Colaboradores
Identidade Corporativa
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
    
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto





Calidad AenorCalidad Aenor
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}