downgalicia@downgalicia.org981581167
FacebookInstagramTwitterYouTubeFlickr
Down Galicia
Down Galicia
Síndrome de Down e inclusión
  • Galego
    • Español
    • English
 
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

O Colexio de Avogados de Ourense incorpora ao seu equipo de traballo a unha persoa con discapacidade intelectual

  • Traballamos

  • Medramos

  • Aprendemos

O Colexio de Avogados de Ourense incorpora ao seu equipo de traballo a unha persoa con discapacidade intelectual

29 Outubro, 2021

» O Colexio de Avogados de Ourense incorpora ao seu equipo de traballo a unha persoa con discapacidade intelectual

Desde a pasada semana, Estefanía Lorenzo, unha moza de 28 anos con discapacidade intelectual usuaria de Down Ourense, forma parte do equipo de traballo do Colexio de Avogados da cidade. Con esta contratación, a organización ourensá aposta decididamente pola inclusión socio laboral e amosa a súa confianza nas capacidades das persoas con discapacidade intelectual e no programa de Emprego con Apoio que as entidades Down en Galicia levan a cabo desde o ano 2002.

Deste xeito, tras unhas breves prácticas formativas de tres semanas de duración, Estefanía asinou un contrato de 25 horas semanais e dun ano de duración, polo que desempeña tarefas de auxiliar administrativa nas instalacións que o Colexio de Avogados ten nos xulgados da cidade. Dentro das súas múltiples tarefas, destacan a entrega e recollida das togas dos letrados e letradas, a realización de fotocopias, a entrega dos partes de asistencia xurídica gratuíta, o selado e a entrega de distinta documentación ou a atención a calquera consulta dos avogados e avogadas ou da cidadanía en xeral, entre outras.

Pero esta non é a primeira experiencia laboral de Estefanía, quen, a pesar dos tempos que corren, é un claro exemplo de superación. Desde o ano 2017, acode diariamente a Down Ourense dende o seu domicilio en A Arnoia (Ribadavia), onde recibe os apoios necesarios para alcanzar os seus obxectivos formativos e laborais para a súa futura vida autónoma.

En outubro de 2018, tras varias experiencias en prácticas, acadou o seu primeiro contrato de traballo no sector da hostalería como axudante de cociña. Pero, ao igual que o resto de cidadáns e cidadás, no ano 2020 viuse afectada pola crise sanitaria derivada da pandemia da COVID-19, pasando de estar en activo a unha situación de ERTE temporal, no que se mantivo ata que pediu a baixa voluntaria para poder incorporarse ao Colexio de Avogados de Ourense.

Durante este ano e medio, os seus esforzos centráronse en seguir formándose de xeito telemático, no estudo e preparación de distintas oposicións autonómicas e estatais específicas para persoas con discapacidade e na continua busca de oportunidades laborais para alcanzar os seus soños.

A última meta acadada, transformar a súa complicada situación laboral nun novo desafío e conseguir por fin traballar como auxiliar administrativa.

 

O programa de Emprego con Apoio

Desde hai case 20 anos, as entidades Down en Galicia desenvolven o programa Emprego con Apoio, deseñado para atender especificamente as necesidades e barreiras que as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais atopan á hora de intentar acceder ao mercado laboral ordinario.

Este modelo baséase nun sistema estruturado de apoios e acompañamentos para guiar ás persoas demandantes de emprego a través de todo o proceso de inserción socio-laboral e asegurar a súa correcta incorporación ao posto de traballo. Deste xeito, as persoas que se incorporan a un novo emprego contan co apoio dun preparador ou preparadora laboral que se encarga de levar a cabo unha formación específica no propio posto de traballo, para que a persoa empregada poida ir adquirindo progresivamente unha adecuada execución das tarefas. O apoio tamén se centra na potenciación da interacción social cos compañeiros e compañeiras de traballo e na mediación na relación con eles para que se desenvolva de maneira positiva e natural.

Trátase, en definitiva, de prestar ás persoas con discapacidade intelectual os medios, os recursos e os apoios necesarios que faciliten a súa participación no mercado laboral da súa comunidade da mesma maneira que o resto de cidadáns e cidadás, favorecendo, deste xeito, a súa incorporación ou a súa estabilidade laboral e, de forma máis extensa, a súa inclusión social.

Avalada polos seus bos resultados, esta metodoloxía estase a consolidar como unha estupenda fórmula de inserción laboral para aqueles colectivos con máis dificultades á hora de atopar un traballo e supón unha alternativa idónea ás fórmulas de emprego protexido, baseadas nunha filosofía claramente asistencial e concibidas cun carácter instrumental e non como perpetradora do cambio nin como solución final ao problema.

O acceso en igualdade de condicións a un posto de traballo segue a ser un dos grandes retos das entidades que traballan a prol da inclusión laboral das persoas con discapacidade. A participación e a cada vez maior presenza das persoas con discapacidade intelectual nas empresas ordinarias contribúe de xeito eficaz a desterrar os tópicos que tradicionalmente se atribúen a este colectivo, resultando un xeito sumamente eficaz de inclusión social.

Entradas relacionadas
AFACO contrata a unha moza de Down Coruña como axudante de cociña
12 Maio, 2022
Down Lugo presenta o programa Emprego con apoio na Facultade de ADE do campus lucense
5 Maio, 2022
A metodoloxía Emprego con Apoio das entidades Down fai fronte á crise con case 190 contratos de traballo en empresas ordinarias en 2021
29 Abril, 2022
Un mozo de Down Vigo comeza a traballar en Rodavigo como operario de almacén
26 Abril, 2022
O Concello de Agolada contrata un ano máis a un mozo de Down Lugo trala sinatura dun novo convenio coa entidade
13 Abril, 2022
Down Vigo e Zona Franca renovan o seu compromiso coa inclusión laboral a través dunha nova contratación
11 Abril, 2022
Máis novas
Multimedia
Publicaciones
Revista down
Búsqueda de empleo
Envellecimiento Activo
Colaboradores
Identidade Corporativa
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
    
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto





Calidad AenorCalidad Aenor
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}