Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Recomendacións sobre a vacina da gripe estacional para as persoas coa síndrome de Down

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Recomendacións sobre a vacina da gripe estacional para as persoas coa síndrome de Down

4 Novembro, 2021

» Recomendacións sobre a vacina da gripe estacional para as persoas coa síndrome de Down

Ante a nova tempada da gripe estacional, desde Down Galicia queremos lembrar a vulnerabilidade das persoas coa síndrome de Down fronte á enfermidade e as súas posibles complicacións derivadas da disfuncionalidade da súa resposta inmune. Ademais, as posibles infeccións respiratorias que pode provocar a gripe, principalmente por neumococos, elevan a alerta este ano ao coincidir por segundo ano coa pandemia de COVID-19.

Por iso, seguindo as recomendacións do Comité Médico Asesor de Down España, solicitamos ás familias, profesionais e persoas coa síndrome de Down que contacten ou se dirixan aos seus centros de saúde para iniciar as indicacións de vacinación esixidas e consensuadas para o colectivo:

  1. Vacinación antigripal de todas as persoas coa síndrome de Down maiores de 6 meses.
  2. Vacinación dos e das conviventes con persoas coa síndrome de Down -familiares e profesionais que lles acompañen-, sobre todo se presentan factores de risco de complicacións da gripe: idade avanzada; trastornos respiratorios crónicos, inmunitarios ou cardíacos; diabetes…
  3. Vacinación antineumocócica:
    • En nenos e nenas coa síndrome de Down menores de 2 anos, asegurar a recepción das correspondentes doses de vacina antineumocócica conxugada (VNC) contempladas no calendario de vacinacións sistemáticas da súa comunidade.
    • En persoas coa síndrome de Down maiores de 2 anos que non reciban ou completen a vacinación sistemática infantil con vacina antineumocócica tridecavalente (VNC13: Prevenar 13), administración dunha dose de VNC13 seguida, tras un intervalo mínimo de 2 meses, dunha dose de vacina antineumocócica polisacarídica 23-valente (VNP23).
    • Nas persoas vacinadas unicamente con doses de VNC13 despois dos 2 anos, administración dunha dose de VNP23 tras un intervalo mínimo de 2 meses.
    • En persoas de 2 a 17 anos que recibisen doses de VNP23 sen doses previas de VNC13, indicación dunha dose de VNC13 a partir dos 2 meses seguintes; en persoas adultas, o intervalo entre ambas as doses non debe ser inferior a 12 meses.

Para consultar o calendario de vacinación infantil, pica na seguinte ligazón: Calendario de vacinacións da Asociación Española de Pediatría.

 

Terceira dose da vacina COVID-19

Doutra banda, lembramos que as persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos deben recibir unha terceira dose da vacina contra a COVID-19, pois forman parte do grupo 7 de risco. Se non a recibiron xa, aconsellamos tamén o contacto co centro de saúde correspondente.

Ambas vacinas (Gripe e COVID-19), que teñen como obxectivo protexer ás persoas máis vulnerables diminuíndo o máximo posible a incidencia de gripe/COVID nestes grupos diana, poden ser administradas á vez. Non hai ningunha contraindicación para iso.

Ademais destas recomendacións sobre a vacinación da gripe estacional, desde Down Galicia queremos facer fincapé na importancia de seguir as recomendacións para evitar contaxios por COVID-19, especialmente o uso correcto da máscara (sobre todo en espazos pechados), a priorización de espazos abertos e a ventilación continua.

Entradas relacionadas

Máis de 500 persoas recibiron formación no programa integrado para o fomento da empregabilidade de persoas vulnerables no que participou a Federación
15 Novembro, 2023
Máis de mil cincocentas accións desenvoltas no Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia, que atende a 249 persoas demandantes
24 Outubro, 2023
Down Galicia organiza a primeira xuntanza autonómica de irmáns e irmás de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
2 Outubro, 2023
Down Galicia lanza unha actualización da súa guía con normas e recomendacións sobre lectura fácil
27 Setembro, 2023
Esforzo e dedicación no proceso selectivo estatal para o ingreso como persoal de tarefas complementarias de apoio
20 Setembro, 2023
Vacinación contra a gripe estacional e COVID-19 para as persoas coa síndrome de Down
18 Setembro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}