A Asociación Down Coruña acaba de asinar un acordo de colaboración coa asociación de empresarios Nordés, polo que Down Experience pasa a formar parte da rede de empresas desta organización.
Desde o propio Club Empresarial afirman que “Nordés quere ser voz das vosas demandas, epicentro das vosas actividades e elevar esa capacidade relacional alá onde haxa unha empresa galega” e agora, o proxecto de Down Experience contará co seu apoio e cooperación para crear un espazo de encontro entre organizacións e afrontar os novos retos do século XXI como a dixitalización, xestión sostible e mellora da competitividade, así como tamén fomentar a igualdade e inclusión no ámbito empresarial.
Ao encontro desta firma acudiron en representación de Down Coruña, Ricardo Santos, Manuel Rego e Pedro Barreiros, que foron recibidos polo presidente do Club, Mario Barcenilla, e por Ana Botas.