Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Política Social apoia o proxecto de avaliación do envellecemento de Down Galicia

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Política Social apoia o proxecto de avaliación do envellecemento de Down Galicia

1 Decembro, 2021

» Política Social apoia o proxecto de avaliación do envellecemento de Down Galicia

A través dun convenio de colaboración asinado o pasado mes de outubro, a Consellería de Política Social contribúe ao financiamento das actuacións que Down Galicia está a desenvolver nas súas sete entidades membro durante este ano 2021 no eido do envellecemento activo.

Este acordo, que achega á Federación cen mil euros (100.000€), ten por obxectivo a realización dun proxecto de avaliación do envellecemento das persoas coa síndrome de Down e con discapacidade intelectual, que está a beneficiar a aqueles membros da Federación en etapa adulta e ás súas familias.

Deste xeito, asegúraselles a adecuación dos recursos de atención e avaliación nesta etapa, para facilitarlles maiores oportunidades de envellecemento activo e saudable que fomenten a súa independencia e autonomía persoal, así como a mellora da súa calidade de vida.

As actuacións desenvoltas durante o período de vixencia do convenio son:

  1. Revisión do fondo bibliográfico, rentabilizando os estudos, conclusións e liñas de actuación existentes. Todo o material é revisado e compartido entre os profesionais de Down Galicia que forman parte da comisión de envellecemento da Federación.
  2. Acollida e presentación do proxecto, facilitando toda a información relativa aos obxectivos, actuacións, motivación do deseño e posta en marcha do proxecto ás persoas destinatarias.
  3. Avaliación do envellecemento das persoas usuarias. Establecer protocolos de valoración e diagnóstico dos síntomas do proceso de envellecemento acelerado das persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual, en torno aos 35 e 40 anos, a través da revisión do Protocolo de Avaliación e Seguimento do Envellecemento (protocolo ASE) e a súa aplicación.
  4. Análise de datos e de necesidades. Unha vez recollida a información segundo o establecido no protocolo, procederase a facer unha análise exhaustiva dos datos recompilados por parte de cada centro de traballo.
  5. Establecemento de liñas de actuación e recursos de apoio. Obtidas as conclusións en cada entidade, será imprescindible darlle unha continuidade a través da identificación dos recursos e apoios que se consideran necesarios para dar resposta á atención das necesidades.

Aínda que a situación vivida neste ano 2021 está a ser excepcional por mor da pandemia provocada pola COVID-19, as actividades programadas ao abeiro deste proxecto non se viron afectadas pola actual situación sanitaria, xa que, en función do que cada entidade precisa en cada momento, combínase a atención de carácter presencial coa impartida a distancia.

A media da esperanza de vida das persoas coa síndrome de Down incrementouse de xeito significativo nos últimos anos, chegando incluso a superar os 60 anos. Os estudos amosan que as persoas con esta síndrome teñen un envellecemento prematuro e máis probabilidade de que este sexa patolóxico. Por iso é necesario traballar en torno ao envellecemento activo do colectivo e á súa participación en recursos comunitarios para maiores. Por outra banda, tamén é fundamental avanzar no coñecemento das persoas maiores coa síndrome e Down e das súas particularidades, favorecendo así unha mellor e máis axustada atención.

Entradas relacionadas

Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
23 Marzo, 2023
As persoas coa síndrome de Down reclaman o fin dos prexuízos vencellados ao colectivo no Día Mundial da síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Reserva a túa cunca vintage polo Día Mundial da Síndrome de Down e colabora con Down Galicia na loita contra os estereotipos
13 Marzo, 2023
‘Eu decido’: manifesto do CERMI Mulleres polo Día Internacional da Muller
8 Marzo, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}