Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

Dúas mozas do Movemento Down Galicia poñen voz a ‘Valentina’, a protagonista da película de animación nomeada aos Premios Goya

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Dúas mozas do Movemento Down Galicia poñen voz a ‘Valentina’, a protagonista da película de animación nomeada aos Premios Goya

2 Decembro, 2021

» Dúas mozas do Movemento Down Galicia poñen voz a ‘Valentina’, a protagonista da película de animación nomeada aos Premios Goya

Lucía Serén, de Down Lugo, e Pepa Lockhart, de Down Compostela, son dúas adolescentes coa síndrome de Down que acaban de converterse en actrices de dobraxe. As dúas poñerán voz a Valentina, a protagonista do filme do mesmo nome que acaba de converterse en candidata a mellor película de animación nos vindeiros Premios Goya.

Todo comezou hai dous anos, cando a produtora da película contactou coa Federación Down Galicia na busca de persoas candidatas para convertérense na voz de Valentina e, tras varios castings, apostaron por Lucía para a versión orixinal en galego e por Pepa na versión en castelán.

A directora do filme, Chelo Loureiro, indicou que “tiña claro que non quería poñer a unha actriz de dobraxe imitando a unha persoa coa síndrome de Down. Non só porque é moi difícil imitar as súas voces, xa que son moi características, senón que se estamos a falar de integración non tiña sentido crear unha farsa”.

E así, trala selección, chegou o momento de poñerse a traballar. Tanto Lucía como Pepa coinciden en que tiveron que “ensaiar moito e repasar na casa”, pero que foi “unha experiencia inesquecible”. As gravacións tiveron lugar, en primeiro termo, no Milladoiro e máis tarde en Cambre para ultimar todos os detalles.

Pero Lucía e Pepa non só acadaron unha gran vivencia, senón que ambas rapazas comezaron unha estupenda amizade que conservan a día de hoxe. “Fixémonos moi amigas e seguimos facendo vídeo chamadas e quedando para xogar, ir de paseo…”, comenta contenta Lucía.

Pepa, pola súa parte, destaca que “a experiencia foi marabillosa” e que de Valentina gústalle “que sexa súper extrovertida e alegre”. Ademais, pensa que a escolleron para dobrar a esta personaxe “porque temos cousas en común como a síndrome de Down, ser loitadoras e responsables e ter unhas avoas super cañeiras”.

O nomeamento de  Valentina como mellor película de animación aos premios Goya fai  sorrir a Lucía e a Pepa, que están a vivir a experiencia con intensidade e ultiman xa os preparativos para viaxar este sábado a Madrid para ver a primeira proxección da película.

 

Lucía Serén (esquerda) e Pepa Lockhart (dereita) son a voz de Valentina

 

Valentina

Na película dirixida por Chelo Loureiro, que chegará ás salas de cine o vindeiro 10 de decembro, Valentina soña con ser trapecista e cre que non o conseguirá por ter síndrome de Down. Pero a súa avoa insístelle que se as eirugas conseguen converterse en bolboretas nada é imposible e que ela, á súa idade, segue soñando con ser directora de orquestra.

“Valentina vive a súa infancia igual que calquera outra nena, pero moitas veces mentres aos outros nenos e nenas danlles ás, a estes córtanllas. Creo que é iso sobre o que deberiamos reflexionar e axudarlles a que os seus soños se cumpran tamén”, indicou a directora, produtora e guionista ferrolá nunha entrevista concedida a Europa Press. “Non pretendía contar a historia dun destes nenos”, senón que a súa pretensión era “contar a historia dunha nena cunha discapacidade, pero normalizada; que a historia non fóra sobre a discapacidade, senón sobre a historia desa nena, neste caso  Valentina, que ten as mesmas ilusións que calquera outro neno”, explica.

Entradas relacionadas

SEUR contrata de forma indefinida a Manu Otero, membro de Down Compostela
14 Xuño, 2022
Down Lugo leva a escola inclusiva a un centro educativo en Alfoz
13 Xuño, 2022
As entidades Down sensibilizan sobre a importancia do emprego ordinario en distintos centros de formación profesional
10 Xuño, 2022
Vota o proxecto de Down Lugo e colabora na mellora da súa aula multisensorial
9 Xuño, 2022
O Campionato de Baristas Down de Galicia volve á presencialidade na súa novena edición
8 Xuño, 2022
Down Lugo imparte un obradoiro de cómic inclusivo
13 Maio, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa
Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}