Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Carmen Álvarez: “Son xoieira, empresaria e moi presumida”

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Carmen Álvarez: “Son xoieira, empresaria e moi presumida”

6 Decembro, 2021

» Carmen Álvarez: “Son xoieira, empresaria e moi presumida”

Down España entrevista a Carmen Álvarez, deseñadora de xoias e fundadora da marca de bixutería Carmelamola, cuxo éxito non para de medrar.

 

“Alegre, simpática… e mooooooi presumida”. Así se describe Carmen ou Carmela, como a coñecen os seus achegados, unha moza de 20 anos coa síndrome de Down que está a cumprir un soño como deseñadora e empresaria de xoias. A súa firma CarmelaMola non para de crecer con venda en liña e con sete puntos de venda.

Hai tempo, Carmela comezou a traballar a súa psicomotricidade na asociación Down Coruña facendo colares e pulseiras. O que non sabía entón é que aquela actividade imposta acabaría sendo a súa afección e a súa profesión.

Aos poucos, e grazas ao empuxón da súa nai, Carmela cada vez creaba pezas máis orixinais e delicadas, e dedicáballe máis tempo ao seu novo entretemento. Finalmente, co apoio da súa familia lanzouse ao mundo empresarial vendendo as súas xoias por internet.

En Down España quixeron volver falar con esta moza tan entusiasta que traballa con moita dedicación creando xoias para a súa firma desde fai xa tres anos. “Agora son xoieira, empresaria e presidenta de CarmelaMola. Estou moi contenta”, afirma Carmela moi orgullosa.

“As xoias son a miña debilidade. Encántame poñermas e crealas. Son moi fachendosa”, explica a nova.

Carmela goza lucindo as súas xoias e creándoas, pois, segundo di, gústalle moito “combinar cores e buscar novas pezas”. Sobre todo, “facer colares con colgantes rechamantes. As que máis me gustan son as que teñen perlas. O branco é a miña cor favorita”, engade.

A moza coruñesa está encantada sendo empresaria e soña con ser deseñadora de xoias famosa, e seguir traballando niso durante moitos anos, pois segundo explica “crear xoias é o que máis me gusta facer”. Tamén goza saíndo coas súas amizades, vendo a tele, indo á asociación Down Coruña e comprando roupa nova, como calquera mozo ou moza da súa idade.

 

«O “eu non podo” pasou a un segundo plano”

Ademais de ser un exemplo pola súa motivación e por ser unha moza con talento que traballa en algo que lle apaixona, Carmela tamén pode estar orgullosa de servir como inspiración para as persoas con síndrome de Down e as súas familias.

Á pregunta “Poden traballar as persoas con síndrome de Down?”, ela responde con toda a súa naturalidade, frescura e sen ningún tipo de dúbidas dicindo: homeeeee…, claro!!

Para os seus pais, Ana e Manuel, e a súa irmá pequena Sara, a experiencia á beira de Carmela está a ser marabillosa: “Puidemos comprobar a súa evolución porque pasou de facer pezas sinxelas a outras cada vez máis complexas. E non só iso, senón que aos poucos vai pedindo maior autonomía á hora de facer novos deseños. Ao principio, todo era moito máis dirixido”, explica Ana. “Ela está encantada, non lle importa meter horas e horas no seu taller cunha boa música que lle faga compañía, e o máis importante é que por unha vez na súa vida o “eu non podo” pasou a un segundo plano”, engade.

Segundo explica a súa nai, o único impedimento para Carmela poderían ser “os seus problemas de visión, pois condiciónana un pouco ao utilizar pezas de pequeno tamaño. Pero ela non se dá por vencida e ao final sempre acaba conseguíndoo”, sinala.

Esta familia, que desde fai algo máis de tres anos é tamén un equipo empresarial, apoia a Carmela en todo o que se propoña, “a meta deste proxecto vaina marcar ela. A nós gustaríanos que un día puidese abrir o seu propio local e poñerse á fronte”, explica o seu pai, Manuel.

Doutra banda, os Álvarez Rodríguez son conscientes de que a súa filla, ademais de ser “a alegría en persoa e unha moza que sempre está de bo humor e contáxiallo aos que ten ao seu ao redor”, é tamén un exemplo para seguir para moitas persoas. “En certa maneira, ela tamén é consciente porque a convidaron a bastantes eventos e ela sempre deixa claro que ten síndrome de Down. Nós tamén o comprobamos ao ver a outros pais e nais na nosa mesma situación, que nos piden consello”.

Para finalizar, a irmá de Carmela, quere animar ás familias a ter “paciencia” coas persoas coa síndrome de Down e a deixarlles “correr riscos e, sobre todo, a tomar as súas propias decisións”.

Entradas relacionadas

Down Vigo e Carrefour amplían a súa colaboración cunha nova contratación laboral
31 Xaneiro, 2023
Down Galicia e BBVA colaboran para promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual
27 Xaneiro, 2023
A Deputación de Pontevedra apoia de novo a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
25 Xaneiro, 2023
“Estou contenta de ter un traballo para toda a vida que me permita seguir sendo independente”
4 Xaneiro, 2023
Á venda o calendario solidario de Down Coruña 2023
29 Decembro, 2022
Noela Avendaño consolida a súa praza de funcionaria no Concello de Vigo
28 Decembro, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}