Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Pontevedra Xuntos pecha o ano coa contratación de catro das súas persoas usuarias

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Pontevedra Xuntos pecha o ano coa contratación de catro das súas persoas usuarias

23 Decembro, 2021

» Down Pontevedra Xuntos pecha o ano coa contratación de catro das súas persoas usuarias

O último trimestre deste 2021 que está a piques de rematar, está traendo boas novas para varias das persoas que forman parte da bolsa de emprego de Down Pontevedra Xuntos. O bo funcionamento do programa Emprego con Apoio que desenvolve a entidade xera confianza no tecido empresarial da cidade, que valora as capacidades das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais para ocupar postos de traballo nas súas compañías.

Desta forma, Tanatorio San Marcos decidiu colaborar por vez primeira co programa de emprego contratando a Cecilia de los Santos como auxiliar de servizos funerarios durante un ano. Cecilia compaxina este traballo con outro como ordenanza na empresa Coworking Espacio Arroelo, na que comezou a traballar hai 5 anos, pasando a ser indefinida en 2019.

Pola súa banda, a produtora de cine Matriuska Producciones, que xa colaborara anteriormente contratando a unha persoa usuaria da bolsa de emprego de Xuntos, incorporou ao seu equipo de traballo a Verónica Rosales, que está a desempeñar o posto de auxiliar de produción, realizando tarefas de apoio á secretaria de produción.

Verónica destaca que está aprendendo “moitas tarefas novas, como escanear, organizar documentos ou outras tarefas administrativas” e fai fincapé en que tamén lle gustou “participar en tarefas do Festival Novos Cinemas”.

E un ano máis, Distribuciones Froiz, que colabora con Xuntos desde o inicio do programa de emprego no ano 2004, contratou a dúas persoas usuarias da entidade para esta campaña de Nadal. Así, José Carlos Martínez e Helga García están a traballar como mozos de almacén elaborando as cestas coas que as distintas empresas agasallan aos seus traballadores e traballadoras.

José Carlos comenta que está “moi a gusto cos compañeiros de traballo” e quere “agradecer a oportunidade de traballar e o apoio recibido”. Helga, pola súa banda, indica que “é un traballo no que estou moi contenta, hai moi bo compañerismo” e está segura de que “cando remate a campaña de Nadal vou botar de menos este traballo”.

Non obstante, todos estes contratos son de carácter temporal, o que dificulta a consecución dun proxecto de vida a longo prazo para as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.

 

Balance anual do programa de emprego de Xuntos

Desde hai xa algúns anos, a bolsa de emprego de Down Pontevedra Xuntos está sendo sinónimo de eficacia e é que o 76,2% das persoas que forman parte do Programa  Emprego con Apoio da entidade estiveron activas nalgún momento de 2021.

O ano que está a punto de rematar amosouse bastante produtivo en canto a empregabilidade, xa que 16 das 21 persoas usuarias do programa contaron cunha oportunidade laboral no período, sendo 8 delas unha nova contratación. Ademais, asináronse 2 prórrogas de contratos.

Por outra banda, é salientable ó número de empresas colaboradoras neste 2021, sumando nesta ocasión 21 colaboracións.

 

A metodoloxía Emprego con Apoio

Desde hai case 20 anos, as entidades Down en Galicia desenvolven o programa Emprego con Apoio, deseñado para atender especificamente as necesidades e barreiras que as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais atopan á hora de intentar acceder ao mercado laboral ordinario. Avalada polos seus bos resultados, esta metodoloxía estase a consolidar como unha estupenda fórmula de inserción laboral para aqueles colectivos con máis dificultades á hora de atopar un traballo.

Este modelo baséase nun sistema estruturado de apoios e acompañamentos para guiar ás persoas demandantes de emprego a través de todo o proceso de inserción socio-laboral e asegurar a súa correcta incorporación ao posto de traballo. Deste xeito, as persoas que se incorporan a un novo emprego contan co apoio dun preparador ou preparadora laboral que se encarga de levar a cabo unha formación específica no propio posto de traballo, para que a persoa empregada poida ir adquirindo progresivamente unha adecuada execución das tarefas. O apoio tamén se centra na potenciación da interacción social cos compañeiros e compañeiras de traballo e na mediación na relación con eles para que se desenvolva de maneira positiva e natural.

Trátase, en definitiva, de prestar ás persoas con discapacidade intelectual os medios, os recursos e os apoios necesarios que faciliten a súa participación no mercado laboral da súa comunidade da mesma maneira que o resto de cidadáns e cidadás, favorecendo, deste xeito, a súa incorporación ou a súa estabilidade laboral e, de forma máis extensa, a súa inclusión social.

Entradas relacionadas

Down Vigo e Carrefour amplían a súa colaboración cunha nova contratación laboral
31 Xaneiro, 2023
Down Galicia e BBVA colaboran para promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual
27 Xaneiro, 2023
A Deputación de Pontevedra apoia de novo a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
25 Xaneiro, 2023
“Estou contenta de ter un traballo para toda a vida que me permita seguir sendo independente”
4 Xaneiro, 2023
Noela Avendaño consolida a súa praza de funcionaria no Concello de Vigo
28 Decembro, 2022
Distribuciones Froiz contrata a catro persoas da bolsa de emprego de Xuntos para a campaña de Nadal
27 Decembro, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}