Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Xunta, FEGAMP e Terceiro Sector asinaron a nova Axenda Social Única de Galicia

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Xunta, FEGAMP e Terceiro Sector asinaron a nova Axenda Social Única de Galicia

4 Xaneiro, 2022

» Xunta, FEGAMP e Terceiro Sector asinaron a nova Axenda Social Única de Galicia

© Xunta de Galicia

 

O pasado 27 de decembro asinouse en Santiago de Compostela a Axenda Social Única de Galicia. O Movemento Down Galicia estivo representado pola EAPN Galicia, da que recollemos a información que resume o acto e os contidos do documento:

 

Dende a Rede Europea contra a Pobreza (EAPN-Galicia) valoramos positivamente a posta en marcha inmediata da Axenda Social Única de Galicia 2021-2024, asinada hoxe conxuntamente pola Xunta de Galicia, FEGAMP, EAPN Galicia, Cruz Vermella Galicia, Cáritas Diocesana Galicia e ONCE Galicia.

Descarga aquí a Axenda Social Única de Galicia 2021-2024

 

A nova Axenda Social Única preséntase tras case dous anos de intenso traballo, diálogo e incidencia política e recolle medidas que dende EAPN se consideran imprescindibles. Avanza tamén no cumprimento do mandato do Parlamento de Galicia cando de xeito unánime no Día Internacional para a Erradicación da Pobreza do 2020 afirmou que “Sabemos que esta lexislatura comeza cunha emerxencia sanitaria e social que empobrecerá a milleiros de galegas e galegos se non hai un compromiso político e orzamentario da Xunta de Galicia e dos concellos e deputacións”.

A Axenda xurde tamén ante a evidencia do aumento da pobreza e a exclusión social en Galicia, motivada pola pandemia e a falla de acceso a unha vivenda digna, axeitada e accesible. A poboación galega máis vulnerable xa se atopaba nunha situación de fraxilidade en termos económicos antes da pandemia, en especial mulleres, mozas mozos, nenos e nenas. 253.000 persoas, o 9,4% da poboación, vivía no 2020 na pobreza severa.

 

4 “C” contra a pobreza e a exclusión social

Fronte a esta emerxencia, a nova Axenda cremos que avanza no cumprimento dos catro principios que demandabamos xa na anterior Axenda no 2016 para poder reducir cunha mínima esperanza as taxas de pobreza e exclusión no conxunto do estado e en Galicia. As chamadas 4 “C”:

  • Loita contra as Causas da pobreza e a exclusión social, lonxe de calquera asistencialismo no que non se respecte a dignidade das persoas ou da burocratización extrema que as culpabiliza.
  • Compromiso político (orzamentos e planificación a medio e longo prazo).
  • Coordinación entre administracións e dentro de cada unha delas.
  • Dialogo Civil no que se recoñece ás organizacións do terceiro sector de acción social como actores imprescindibles do sistema de servizos sociais.

 

Enfoque de dereitos

Na Axenda recóllense medidas e compromisos propostos e argumentados grazas ao traballo en rede das 130 entidades membro de EAPN Galicia. Algunhas pioneiras no conxunto do estado, como a educación universal e de balde para nenos e nenas de 0 a 3 anos, a Tarxeta Básica ou o programa Posta a Punto para o Emprego para a inserción sociolaboral.

Aparecen tamén medidas concretas que se formularon na protección de familias monoparentais, atención temperá, saúde mental, soidade non desexada, Plan Renove de electrodomésticos ou no reforzo dos Servizos sociais comunitarios.

Tamén na loita contra a fenda dixital, a exclusión bancaria e financeira ou a violencia de xénero. O programa de acompañamento ás mulleres en situación de senfogarismo, ata agora invisibilizadas, é un exemplo.

No eido da inclusión residencial cremos destacable o compromiso das primeiras 100 vivendas novas para a atención de persoas sen fogar. E cómpre salientar a inclusión na medida 4.2 do compromiso dun plan piloto para afrontar por fin a urxente erradicación do chabolismo e a infravivenda en Galicia.

Na loita contra a burocratización, o asistencialismo e a aporofobia tamén se recollen propostas, ademais de en medidas xa citadas como a Tarxeta Básica, noutras como a urxente modificación da Lei de Inclusión Social para adaptar RISGA e AIS ao Ingreso Mínimo Vital, o desenvolvemento do modelo Inclúe para a inclusión de persoas en exclusión social severa, a simplificación drástica do acceso á dependencia e discapacidade, ou a avaliación da rede de servizos sociais comunitarios.

Na Axenda e neste acto faise tamén un recoñecemento explícito ás entidades do Terceiro Sector Social como actor imprescindible do sistema de servizos sociais galego. Dende o impulso á Lei do Terceiro Sector de Galicia ata medidas que avanzan na necesidade da súa protección e financiamento estable asociado á consecución de resultados e non á burocratización extrema.

Entradas relacionadas

Aprobado o novo baremo de recoñecemento da discapacidade
19 Outubro, 2022
A ONU reclama o fin do emprego segregado de persoas con discapacidade para garantir o seu dereito a un traballo digno
14 Setembro, 2022
Descobren que unha terapia hormonal podería mellorar as habilidades cognitivas de persoas coa síndrome de Down
5 Setembro, 2022
Continúa aberto o prazo de solicitude das axudas do Ministerio de Educación para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
31 Agosto, 2022
As persoas con discapacidade estarán máis protexidas trala entrada en vigor da nova lei de igualdade de trato e non discriminación
14 Xullo, 2022
A lamivudina podería ter “efectos moi interesantes” en persoas coa síndrome de Down, segundo unha investigación con ratos
4 Xullo, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}