downgalicia@downgalicia.org981581167
FacebookInstagramTwitterYouTubeFlickr
Down Galicia
Down Galicia
Síndrome de Down e inclusión
  • Galego
    • Español
    • English
 
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

Down Galicia reivindica novamente o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación

  • Traballamos

  • Medramos

  • Aprendemos

Down Galicia reivindica novamente o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación

24 Xaneiro, 2022

» Down Galicia reivindica novamente o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación

Hoxe celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Educación, unha efeméride que este ano pretende amosar as transformacións máis importantes que as sociedades deben levar a cabo para facer realidade o dereito fundamental á educación e construír un futuro máis sostible, inclusivo e pacífico. Aproveitando esta sinalada data, Down Galicia quere reivindicar novamente a importancia da construción dun modelo educativo inclusivo baseado nos principios de calidade, equidade, flexibilidade e respecto á diversidade.

A evolución das nosas sociedades esíxenos dar un paso cara diante na defensa dos dereitos das persoas con discapacidade, para garantir a igualdade de oportunidades para o seu pleno desenvolvemento a través dunha educación inclusiva. Desde hai case 25 anos, na Federación Down Galicia cremos que o proceso de transformación educativa é ineludible e que non podemos obviar o camiño cara unha educación de carácter inclusivo.

A educación inclusiva implica cambios para dar resposta ao modelo social de apoio e atención ás persoas con discapacidade fronte ao modelo rehabilitador. As persoas con discapacidade non son a raíz do problema, senón que o son as diferentes barreiras coas que se atopan e as limitacións da propia sociedade para prestar servizos apropiados e para asegurar adecuadamente que as necesidades das persoas con discapacidade sexan tidas en conta dentro do sistema educativo.

 

O dereito a unha educación inclusiva

A educación é un dereito humano, unha responsabilidade colectiva e un piar fundamental no desenvolvemento de calquera sociedade. Deste xeito, as sociedades avanzadas deben estar dotadas de institucións capaces de garantir este dereito a toda a poboación, sen excluír a ningún individuo por ningunha causa. É dicir, deben garantir, sen condicións, unha educación inclusiva nos centros ordinarios coa presenza, participación e aprendizaxe de todo o alumnado.

A Federación leva anos poñendo de manifesto que o sistema educativo español é discriminatorio coas persoas coa síndrome de Down e con outras discapacidades intelectuais e vulnera o establecido nos tratados internacionais, e espera que os cambios recollidos na nova lei educativa (LOMLOE) sirvan para iniciar o camiño cara un sistema que respecte o principio de educación inclusiva, baseado na igualdade de oportunidades e a non discriminación das persoas por razón da súa discapacidade.

Delmiro Prieto, presidente de Down Galicia, indica de forma tallante que “a educación ou é inclusiva ou non é educación” e lamenta que sexa “algo frecuente que se pense que algo é educación inclusiva cando non o é”. Así mesmo, resalta que “dentro da educación inclusiva non debemos confundir os termos porque o que non é educación inclusiva é outra cousa”.

O dereito a unha educación inclusiva está avalado pola Convención Internacional da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, que no seu artigo 24 recoñece que “os Estados asegurarán un sistema de educación inclusivo a todos os niveis para as persoas con discapacidade”. Esta Convención foi ratificada en 2008 e aprobada por unanimidade polo Parlamento e é de obrigado cumprimento en España ao ter rango de tratado xurídico internacional de Dereitos Humanos.

 

A importancia das metodoloxías inclusivas e a prestación de apoios

O Movemento Down en Galicia leva anos loitando para que todo o alumnado con discapacidade intelectual acceda á educación ordinaria en igualdade de condicións, dando apoios, modificando todo aquilo que sexa preciso, prevendo as distintas barreiras e propoñendo solucións ás mesmas.

Seguimos insistindo na necesidade de abordar un cambio na metodoloxía de traballo, utilizando metodoloxías inclusivas nas aulas como o Deseño Universal da Aprendizaxe (DUA), a aprendizaxe por proxectos, a aprendizaxe cooperativa, ou a programación multinivel, entre outras, que eliminarían as barreiras existentes desde o primeiro momento.

Neste Día da Educación, a Federación Down Galicia e as súas entidades reclamamos máis recursos públicos e máis implicación das administracións para que a escolarización inclusiva do alumnado con discapacidade sexa unha realidade e esíxelle a estas últimas compromiso, claridade e concreción á hora de definir o que é a educación inclusiva.

Para conseguir unha verdadeira inclusión educativa é preciso contar con profesorado especialista suficiente, que dará apoio tanto a aquel alumnado con necesidades específicas de apoio educativo coma ao resto dos seus compañeiros e compañeiras, evitando deixar atrás a ningunha persoa por mor da súa discapacidade.

A vontade do profesorado e o seu inconformismo ante o sistema actual, que conta cuns recursos insuficientes e pouco planificados, non é suficiente para a consecución da inclusión nas aulas dos centros educativos.

Entradas relacionadas
Down España edita unha nova guía sobre estratexias e ferramentas dixitais para a educación inclusiva
24 Febreiro, 2022
Aberto o prazo para a solicitude de axudas do Ministerio de Educación para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
26 Agosto, 2021
Os Céntimos Solidarios de Vegalsa-Eroski van destinados ao proxecto de educación inclusiva de Down Galicia este agosto
3 Agosto, 2021
BBVA Asset Management achega 35.000 euros a Down Ourense para o impulso da educación inclusiva
30 Xuño, 2021
Down Lugo participa nunha xornada de sensibilización no CEIP Aquilino Iglesias Alvariño de Abadín
14 Xuño, 2021
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
22 Xaneiro, 2021
Máis novas
Multimedia
Publicaciones
Revista down
Búsqueda de empleo
Envellecimiento Activo
Colaboradores
Identidade Corporativa
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
    
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto





Calidad AenorCalidad Aenor
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}