downgalicia@downgalicia.org981581167
FacebookInstagramTwitterYouTubeFlickr
Down Galicia
Down Galicia
Síndrome de Down e inclusión
  • Galego
    • Español
    • English
 
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

Dous mozos de Down Coruña comezan a traballar en Esco Expansión

  • Traballamos

  • Medramos

  • Aprendemos

Dous mozos de Down Coruña comezan a traballar en Esco Expansión

23 Febreiro, 2022

» Dous mozos de Down Coruña comezan a traballar en Esco Expansión

Xoel Pardo Pazó e Samuel Martínez Ares, dous mozos coa síndrome de Down usuarios da asociación Down Coruña, acaban de incorporarse ao equipo de traballo de Esco Expansión, firma especialista na recuperación e cobranza de débedas.

Tras formarse como auxiliares de servizos xerais de administración, Xoel e Samuel desenvolverán o seu traballo nesta empresa como auxiliares administrativos.

Para Samuel Martínez esta oportunidade laboral supón un paso máis na súa carreira profesional dentro do ámbito da administración, xa que previamente traballou durante máis de dous anos nun posto similar, con atención ao público, en Down Coruña e tres meses nunha sucursal bancaria.

Xoel Pardo, en cambio, enfróntase á súa primeira experiencia laboral, aínda que previamente realizou prácticas en empresas desenvolvendo tarefas similares ás que desde a pasada semana ocupan a súa xornada laboral.

Manuel Rego, director executivo de Down Coruña, destaca a oportunidade laboral que supón para Xoel e Samuel esta incorporación. “Ambos se prepararon e están listos para integrarse nun equipo de traballo no que achegarán a súa valía como profesionais e como persoas. Esta experiencia laboral supoñerá para eles, como para calquera outra persoa, unha oportunidade e achegaralles un crecemento persoal. Pero, ademais, que eles poidan traballar nunha empresa como Esco Expansión, serve para visibilizar que as persoas coa síndrome de Down están en condicións de sumar ao tecido empresarial”.

Desde Esco Expansión cualifican a experiencia como “moi positiva”. Juan Pita Romero, director da delegación en Galicia, explicaba respecto destas incorporacións que na empresa querían “facer cousas novas en materia de inclusión laboral, pero non só é cuestión de querer facelo, senón tamén de poder”. Pita engade que “o persoal recibiunos de marabilla. Samuel, que leva xa uns días, está totalmente integrado”.

Entradas relacionadas
AFACO contrata a unha moza de Down Coruña como axudante de cociña
12 Maio, 2022
Danza e deporte para desfrutar dun ocio inclusivo en Down Coruña
6 Maio, 2022
Down Lugo presenta o programa Emprego con apoio na Facultade de ADE do campus lucense
5 Maio, 2022
A metodoloxía Emprego con Apoio das entidades Down fai fronte á crise con case 190 contratos de traballo en empresas ordinarias en 2021
29 Abril, 2022
Un mozo de Down Vigo comeza a traballar en Rodavigo como operario de almacén
26 Abril, 2022
O Concello de Agolada contrata un ano máis a un mozo de Down Lugo trala sinatura dun novo convenio coa entidade
13 Abril, 2022
Máis novas
Multimedia
Publicaciones
Revista down
Búsqueda de empleo
Envellecimiento Activo
Colaboradores
Identidade Corporativa
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
    
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto





Calidad AenorCalidad Aenor
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}