Seguindo co programa “Vivir mi sexualidad”, iniciado hai varios anos no marco do programa Salud Down, a Federación Down España elaborou unha guía sobre sexualidade e relacións afectivas dirixida a profesionais que atenden e traballan con adolescentes con síndrome de Down.
A guía «Educación afectivo-sexual para adolescentes» inclúe contidos e actividades para traballar con adolescentes, co obxectivo de que aprendan a recoñecer e expresar a súa sexualidade da maneira máis adecuada e en igualdade, favorecendo un desenvolvemento san da sexualidade desde a súa autonomía e o exercicio dos seus dereitos.
Esta guía desenvolveuse coa colaboración de expertos de Down Valladolid, que levan a cabo desde hai anos na súa entidade un programa para traballar as emocións e a afectividade, e co Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.
Guía dispoñible picando nesta ligazón: “Educación afectivo-sexual para adolescentes”