Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

A Fundación Down Compostela e a Federación Down Galicia organizan un acto conmemorativo polo Día Mundial da síndrome de Down

Traballamos

Medramos

Aprendemos

A Fundación Down Compostela e a Federación Down Galicia organizan un acto conmemorativo polo Día Mundial da síndrome de Down

15 Marzo, 2022

» A Fundación Down Compostela e a Federación Down Galicia organizan un acto conmemorativo polo Día Mundial da síndrome de Down

 

A Capela Real do Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 21 de marzo, a partir das 20:30 horas, os actos conmemorativos do Día Mundial da Síndrome de Down. Nesta ocasión, o acto organizado de forma conxunta pola Fundación Down Compostela e a Federación Down Galicia, ten como principal obxectivo o agradecemento á sociedade pola súa implicación desinteresada na inclusión das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.

Neste día, no que tamén se conmemorará o 25 aniversario da Fundación Down Compostela e se entregarán os IX Premios Down Compostela, as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais volverán ser as protagonistas da gala, xa que serán as encargadas de conducir o acto, ler o Manifesto do Día Mundial da Síndrome de Down e entregar os mencionados Premios da Fundación.

 

Premios Down Compostela

A Fundación Down Compostela acordou nesta ocasión recoñecer o traballo que veñen realizando a doutora María José Fernández Seara, o artista Xurxo Martiño e a empresa Emetel concedéndolles os Premios Down Compostela 2022 pola súa implicación na mellora da saúde das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades, por promover a expresión artística das persoas con trisomía 21 e por favorecer a súa inclusión laboral no campo das novas tecnoloxías.

A entrega destes galardóns, que xa foron notificados no ano 2020, quedou suspendida ata o momento actual por mor da situación de crise sanitaria derivada da pandemia da COVID-19.

Doutora María José Fernández Seara

Pola súa contribución a mellorar a saúde e a calidade de vida das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades. A doutora Seara, neonatóloga no Complexo Hospitalario de Santiago, implantou en 2002 o Protocolo de seguimento da saúde de nenas e nenos coa síndrome de Down desde o seu nacemento, seguindo as recomendacións do Programa de Saúde de Down España. Un programa de medicina preventivo que, máis aló dos coidados médicos, deriva aos nenos e nenas aos servizos de Atención Temperá e coordina a atención con outros especialistas.

Xurxo Martiño

Por poñer toda a súa creatividade e saber artístico a disposición de mozas e mozos coa síndrome de Down, que atopan na pintura unha forma de realización e superación persoal. Fai case vinte anos que Xurxo Martiño traballa con Carla Lojo e Álvaro Díez, dous mozos de Down Compostela, artistas xa recoñecidos e premiados. A través da pintura, axudoulles a ser eles mesmos como persoas e como artistas, cada cal coa súa particular forma de ver, plasmar e interpretar o mundo que lles rodea.

Emetel

Pola súa aposta en favor da inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual no campo das altas tecnoloxías, a ciberseguridade e os servizos dixitais. Desde 2017 esta consultora con sede social en Oleiros desenvolve un programa de responsabilidade social empresarial que facilitou en 2018 a contratación de Carlota Rodríguez, unha moza da Fundación que desenvolve a súa carreira profesional en Emetel con plena satisfacción por ambas as partes.

 

O premio consistirá nunha escultura do artista compostelán Cándido Pazos feita especialmente para representar estes galardóns: unha man montada sobre unha base de cuarzo do Pico Sacro. “A man é a máxima expresión do ser humano”, sinala o artista, quen utilizou as cores corporativas da Fundación (azul, amarelo e gris) para esmaltar as pezas. Coas mans, Cándido Pazos pretende simbolizar o apoio que os premiados deron ás persoas con síndrome de Down e a recompensa que recibiron por iso.

 

Iluminación dos principais monumentos de Galicia

Os principais monumentos das sete grandes cidades de Galicia conmemorarán o luns o Día Mundial da síndrome de Down. A Cidade da Cultura, a fonte de Catro Camiños, as catedrais de Santiago de Compostela e Lugo, a Ponte Romana de Ourense, o Teatro Jofre de Ferrol, a Deputación de Pontevedra ou os concellos de Santiago de Compostela e Pontevedra, entre outros, serán iluminados de azul e amarelo na tarde-noite deste luns 21 de marzo.

Nacións Unidas aprobou en novembro de 2011 a declaración do 21 de marzo como Día Mundial da síndrome de Down. Establécese esta data, o 21 de marzo [21/03] como un símbolo, en referencia á triplicación [trisomía] do cromosoma 21 que se traduce na condición xenética da síndrome de Down.

Entradas relacionadas

Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Reserva a túa cunca vintage polo Día Mundial da Síndrome de Down e colabora con Down Galicia na loita contra os estereotipos
13 Marzo, 2023
As entidades Down de España lanzan a campaña “#NoSomosUnEstereotipo, somos mucho más” para o Día Mundial da Síndrome de Down
10 Marzo, 2023
‘Eu decido’: manifesto do CERMI Mulleres polo Día Internacional da Muller
8 Marzo, 2023
Down Galicia lanza unha guía cos principais recursos sobre atención sanitaria de persoas coa síndrome de Down
15 Febreiro, 2023
Down Galicia recibe unha axuda extraordinaria para afrontar o impacto económico do incremento do gasto de persoal nas súas entidades polo convenio colectivo de aplicación
13 Febreiro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}