Este ano, en Down España quixeron que a campaña para o Día Mundial da Síndrome de Down, que se celebra o vindeiro luns 21 de marzo, sexa toda unha homenaxe de agradecemento aos centos de miles de persoas que, desde o seu anonimato e sen esperar nada a cambio, fan a vida das persoas con síndrome de Down máis bonita. Por iso, o noso lema para o noso gran día deste ano 2022 é #GraciasPorTanto.
Como sabedes, Down España lanzou o anuncio da campaña para o Día Mundial da Síndrome de Down cunha emotiva historia que conta a relación entre Alba e Rosa, e como a primeira lle dá as grazas dunha maneira sorprendente á segunda, a tendeira do seu barrio de toda a vida. Pedímosvos que compartades o vídeo nas vosas redes sociais para facer viral a súa mensaxe. Ademais, deseñamos unha serie de accións ás que tamén vos podedes sumar para apoiar a inclusión das persoas coa síndrome de Down na sociedade e mostrarlles o voso agarimo e respecto.
Somos conscientes de que este ano, o desolador escenario da invasión de Ucraína tennos a todos e todas en vilo, pero pedimos un esforzo para que o Día Mundial da Síndrome de Down volva ser unha xornada na que non nos esquezamos das persoas coa síndrome de Down, das súas familias e compañeiros de traballo, colexio…, nin tampouco de todos aqueles cidadáns e cidadás que lles axudan, animan e apoian cada día. Axúdanos a asolagar o día 21 de marzo as redes sociais de mensaxes positivas e de agradecemento para dar visibilidade ás persoas coa síndrome de Down e impulsar así a súa inclusión na sociedade en todas as etapas das súas vidas.
Únete ao movemento # GraciasPorTanto
Se queres mostrar o teu apoio ás persoas coa síndrome de Down e tamén ás persoas que fan as súas vidas máis bonitas:
1.- Imprime ou debuxa o adhesivo #GraciasPorTanto e conta nun vídeo unha anécdota ou recordo feliz, divertido ou emotivo cunha persoa coa síndrome de Down. Súbeo a redes sociais e etiqueta a @DownEspana co hashtag #GraciasPorTanto
2.- Publica nas túas redes sociais a imaxe dun abrazo a unha persoa con síndrome de Down á que teñas aprecio co hashtag #GraciasPorTanto e etiquetando a Down España.
3.- Publica a túa imaxe facendo o signo do abrazo co hashtag #GraciasPorTanto e etiquetando a Down España.
Consigamos que a nosa mensaxe #GraciasPorTanto chegue moi lonxe!!
Descarga o teu adhesivo #GraciasPorTanto facendo click aquí