Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

O Xacobeo ilumina monumentos de Galicia co emblema das entidades Down para apoiar o Día Mundial da Síndrome de Down

Traballamos

Medramos

Aprendemos

O Xacobeo ilumina monumentos de Galicia co emblema das entidades Down para apoiar o Día Mundial da Síndrome de Down

18 Marzo, 2022

» O Xacobeo ilumina monumentos de Galicia co emblema das entidades Down para apoiar o Día Mundial da Síndrome de Down

 

O director xeral de maiores e persoas con discapacidade, Fernando González Abeijón, a comisaria do Xacobeo, Cecilia Pereira, o presidente da Federación Down Galicia, Delmiro Prieto, e membros da Fundación Down Compostela participaron hoxe no acendido da Torre da Berenguela da Catedral de Santiago, con motivo da conmemoración do Día Mundial da Síndrome de Down. Este e outros monumentos emblemáticos de toda Galicia iluminaranse desde hoxe ata o domingo 20, data previa á celebración internacional, coa cariña representativa do Movemento Down en Galicia e a frecha do Camiño de Santiago.

Delmiro Prieto González destacou a importancia dunha xornada coma a do Día Mundial da Síndrome de Down, que axuda a “dar visibilidade á realidade do colectivo de persoas con esta alteración cromosómica”, aínda que o ideal sería que chegase o momento “no que non se teñan que celebrar tantos ‘Días de’, que poñen de manifesto que algo falla na sociedade, senón conmemorar o día no que non haxa nada que celebrar”. Así mesmo, quixo agradecer á Xunta a súa aposta pola concienciación pública sobre a síndrome de Down, así como a súa colaboración na iluminación dos monumentos e na organización destes actos.

 

Actos simultáneos noutros puntos de Galicia

Representantes da administración autonómica e das entidades Down de Galicia participaron tamén nos actos simultáneos de acendido dos monumentos en outras cidades de Galicia.

Así, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e María José Blanco Freire, presidenta de Down Lugo, participaron no acendido da Catedral da cidade lucense, onde persoas usuarias da entidade leron o manifesto do Movemento Down para este 2022; e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, acompañou aos representantes da xunta directiva de Down Vigo no acendido da iluminación da sede da Delegación Territorial na cidade olívica.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

21 de marzo, Día Mundial da Síndrome de Down

En decembro de 2011, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas designou o 21 de marzo Día Mundial da Síndrome de Down. Con esta celebración, a organización internacional quere xerar unha maior conciencia pública sobre a cuestión e lembrar a dignidade inherente, a valía e as valiosas contribucións das persoas con discapacidade intelectual como promotores do benestar e da diversidade das súas comunidades. Así mesmo, quere resaltar a importancia da súa autonomía e independencia individual, en particular a liberdade na toma das súas propias decisións.

Entradas relacionadas

Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
23 Marzo, 2023
Down Compostela entrega os seus décimos premios a Burger King, Escola Play e José María Fernández
22 Marzo, 2023
As persoas coa síndrome de Down reclaman o fin dos prexuízos vencellados ao colectivo no Día Mundial da síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Persoas usuarias de Teima reivindican os seus dereitos con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Persoas usuarias da asociación Down Lugo saen á rúa a reclamar os seus dereitos polo Día Mundial da Síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Xuntos e a corporación municipal reivindican a importancia da inclusión con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}