Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Elena García: “Aínda queda moito camiño por percorrer e moitas metas por acadar”

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Elena García: “Aínda queda moito camiño por percorrer e moitas metas por acadar”

21 Marzo, 2022

» Elena García: “Aínda queda moito camiño por percorrer e moitas metas por acadar”

 

Tras dous anos de parón pola crise sanitaria derivada da pandemia da COVID-19, o Movemento Down en Galicia retomou esta noite os actos presenciais para conmemorar o Día Mundial da Síndrome de Down. Nunha gala, na que tamén se celebraban os 25 anos da Fundación Down Compostela, as persoas coa síndrome de Down reclamaron unha vez máis a igualdade de dereitos e oportunidades para o colectivo. Elena García López, condutora do evento xunto ao xornalista Ramón Castro, agradeceu á sociedade a súa implicación desinteresada na inclusión das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais e recalcou que “aínda queda moito camiño por percorrer” para acadar un mundo sen exclusións de ningún tipo.

Coa lectura do Manifesto do Movemento Down polo Día Mundial da Síndrome de Down, alzou a súa voz para deixar claro que as persoas coa síndrome de Down queren “aprender e participar nas mesmas aulas” que os seus compañeiros e compañeiras, vivir nunha “sociedade xusta, baseada no respecto á diversidade e na inclusión de todas e todos” e “ser persoas autónomas e independentes”, entre outras reivindicacións.

Cun aforo limitado para salvagardar as medidas de prevención contra a COVID-19, máis de 100 persoas acudiron ao evento celebrado no Hostal dos Reis Católicos, co que a Federación Down Galicia e a Fundación Down Compostela quixeron conmemorar o Día Mundial da síndrome de Down que se celebra hoxe en todo o mundo.

As persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais volveron a ser as protagonistas imprescindibles dun acto ao que asistiron o director xeral de maiores e persoas con discapacidade, Fernando González Abeijón, e o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo.

O presidente da Fundación Down Compostela, Juan Martínez, comezou a súa intervención facendo alusión aos dous anos de parón desta conmemoración por mor da pandemia e pediu desculpas “a todas aquelas persoas que querían estar aquí e non poden asistir polas limitacións de aforo”, xa que a entidade quería “organizar un acto sinxelo e limitado para seguir loitando contra a COVID-19”. Aproveitou tamén o presidente de Down Compostela para “agradecer aos premiados desta edición, que tardaron dous anos en recoller o seu premio”, “a todos eses empresarios e empresarias que creron nas posibilidades das persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual para incorporarse ao mercado laboral” e tamén “facer extensivo este agradecemento ás administracións que atenderon moitas das nosas reivindicacións”. Martínez destacou que “nuns tempos nos que algúns prefiren as bombas, outros seguimos apostando polo diálogo para seguir avanzando e mellorando”. O presidente da Fundación non quixo finalizar sen lembrarse das persoas usuarias da entidade, de quen dixo que sen a súa forza, as súas ilusións e as súas ganas de cambiar o mundo para facelo mellor e máis humano “hoxe non estariamos aquí” e pechou o seu discurso indicando que “unha persoa fai a diferenza, pero moitas persoas fan o cambio”.

Pola súa parte, o presidente de Down Galicia aproveitou a primeira parte do seu discurso para felicitar á Fundación Down Compostela polo seu 25 aniversario e para agradecerlles “o apoio e o traballo conxunto dende hai máis de dúas décadas”. Tras este inicio, Delmiro Prieto tamén quixo expresar o seu “recoñecemento e agradecemento a todas aquelas persoas que apoiaron o traballo do Movemento Down e confiaron nas capacidades das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais durante estes anos”. Tras estas palabras, Prieto aproveitou para continuar reivindicando a importancia dunha educación inclusiva, “a única educación posible, onde non se segregue a ninguén polo feito de ter unha discapacidade”. Quixo destacar tamén “o percorrido do programa de Emprego con Apoio, que neste 2022 cumpre 20 anos nos que se demostrou que a inclusión laboral en contornas ordinarias é posible”. Para finalizar a súa intervención, o presidente da Federación salientou a importancia de “levar a cabo canto antes actuacións que aborden as necesidades das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais durante a etapa do envellecemento”. Prieto engadiu que “o aumento da esperanza de vida e o envellecemento precoz do colectivo fan prioritarias accións conxuntas para manter a súa calidade de vida”.

 

IX Premios Down Compostela

Un dos puntos álxidos da noite foi a entrega dos IX Premios Down Compostela, que teñen por obxecto recoñecer o labor a prol da promoción da autonomía e igualdade das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, realizado tanto por institucións e entidades como por persoas particulares. A entrega destes galardóns, que xa foran notificados no ano 2020, quedou suspendida ata o momento actual por mor da situación de crise sanitaria derivada da pandemia da COVID-19.

Nesta ocasión a Fundación Down Compostela acordou recoñecer o traballo que veñen realizando a doutora María José Fernández Seara, o artista Xurxo Martiño e a empresa Emetel concedéndolles os Premios Down Compostela 2022 pola súa implicación na mellora da saúde das persoas con síndrome de Down e outras discapacidades, por promover a expresión artística das persoas con trisomía 21 e por favorecer a súa inclusión laboral no campo das novas tecnoloxías.

Carlota Rodríguez, traballadora de Emetel, quixo agradecer á empresa a aposta pola inclusión laboral do colectivo. “Abríronme as portas ao mundo laboral para que as persoas con discapacidade intelectual e síndrome de Down teñamos as mesmas oportunidades que os demais”. Alex Lado fixo entrega do Premio Down Compostela 2022 a José Luis Arístegui, director xeral de Emetel.

Antía Losada deu as grazas a María José Fernández Seara “por preocuparte pola nosa saúde”. Antía engadiu que co seu traballo “os nenos e nenas coa síndrome de Down temos unha mellor calidade de vida”. Dani Penalta e a súa familia foron as persoas encargadas de entregarlle o Premio Down Compostela 2022 á galardoada.

Por último, Carla Lojo presentou o premio outorgado ao artista Xurxo Martiño, do que é alumna, ao que agradeceu que lles ensinase “a amar a pintura”. Carla quixo destacar que “coa súa atención e estilo, ensinounos a plasmar as nosas emocións e sentimentos a través da arte de pintar”. Álvaro Díez, outro dos alumnos de Xurxo Martiño, fixo entrega do Premio Down Compostela 2022 ao artista.

 

Iluminación dos principais monumentos de Galicia

Os principais monumentos das sete grandes cidades de Galicia conmemoraron hoxe o Día Mundial da síndrome de Down. A Cidade da Cultura, o Hostal dos Reis Católicos, a Casa das Campás de Pontevedra, a Ponte Romana de Ourense, o teatro Jofre de Ferrol, os concellos de Pontevedra e Santiago de Compostela, as Fontes da Rúa Aragón de Vigo e a de Catro Camiños na Coruña, e os edificios das Deputacións de Pontevedra e A Coruña estarán iluminados de azul e amarelo na tarde-noite deste luns 21 de marzo.

Ademais, coa colaboración do Xacobeo, a pasada fin de semana tamén estiveron iluminadas co emblema do Movemento Down e a frecha do Camiño as catedrais de Santiago de Compostela e Lugo e o edificio da delegación territorial da Xunta en Vigo.

Nacións Unidas aprobou en novembro de 2011 a declaración do 21 de marzo como Día Mundial da síndrome de Down. Establécese esta data, o 21 de marzo [21/03] como un símbolo, en referencia á triplicación [trisomía] do cromosoma 21 que se traduce na condición xenética da síndrome de Down.

Entradas relacionadas

Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
23 Marzo, 2023
Down Compostela entrega os seus décimos premios a Burger King, Escola Play e José María Fernández
22 Marzo, 2023
Persoas usuarias de Teima reivindican os seus dereitos con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Persoas usuarias da asociación Down Lugo saen á rúa a reclamar os seus dereitos polo Día Mundial da Síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Xuntos e a corporación municipal reivindican a importancia da inclusión con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Down Vigo conmemora o Día Mundial da Síndrome de Down con diversos actos en toda a cidade
21 Marzo, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}