Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Ourense conmemora o Día Mundial da síndrome de Down nas rúas da cidade

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Ourense conmemora o Día Mundial da síndrome de Down nas rúas da cidade

22 Marzo, 2022

» Down Ourense conmemora o Día Mundial da síndrome de Down nas rúas da cidade

 

Con motivo do Día Mundial da síndrome de Down, persoas usuarias da asociación Down Ourense quixeron reivindicar onte á tarde nas rúas da cidade os dereitos do colectivo coa organización dun acto para sensibilizar á sociedade ourensá.

Situada na intersección das rúas do Paseo e da Concordia, a entidade colocou unha mesa informativa para explicar a metodoloxía de traballo que distingue ás entidades Down de Galicia, baseada na mellora da calidade de vida de cada persoa coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais e das súas familias, a través da inclusión social e da utilización dos recursos ordinarios da comunidade.

Ademais, calquera persoa que o desexase tivo oportunidade de deixar a súa mensaxe no panel co que a asociación quixo facer reflexionar ás persoas que se achegaron ao stand.

Na inauguración do acto participaron o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gonzalo Alén; a deputada provincial da área de Benestar Social, Luz Doporto; e o tenente alcalde do concello de Ourense, Armando Ojea, que acompañaron á vicepresidenta de Down Ourense, Mª del Mar Prieto Fortes, e a todas as persoas usuarias alí presentes.

Pero o momento máis destacable foi a lectura do manifesto elaborado con motivo da sinalada data, co que os membros da entidade levantaron a súa voz e reclamaron os seus dereitos. Tamén quixeron dar as grazas a aquelas persoas e entidades que entenden que a inclusión é a base de calquera sociedade e instaron a todos e todas a seguir traballando para derrubar barreiras e alcanzar a igualdade de oportunidades nun mundo máis xusto para todas as persoas, independentemente das súas características.

          

Sensibilización en centros educativos e bibliotecas

Ademais deste acto central, Down Ourense participou tamén en distintas actividades durante toda a xornada co obxectivo de sensibilizar ás e aos máis pequenos sobre a importancia da inclusión e sobre as capacidades das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.

Así, durante a mañá deste luns, profesionais da entidade desprazáronse ata o IES de Quiroga (Lugo) para impartir dúas charlas de sensibilización a alumnado de 1º de ESO. A través do xogo “Quen é quen?” trataron de romper estereotipos e prexuízos sobre o que poden e non poden facer as persoas coa síndrome de Down. Ao finalizar a dinámica, realizaron un pequeno mural cos mitos e realidades tradicionalmente relacionadas a esta anomalía  cromosómica e resolveron as dúbidas que xurdiron ao respecto.

Pola tarde, a asociación organizou un contacontos-obradoiro para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos na Biblioteca Pública da cidade. A actividade iniciouse coa narración do conto “O cazo de Lorenzo” e continuou cun pequeno taller de creación de marcapáxinas personalizados que cada persoa participante puido levar para casa.

Estas accións están incluídas dentro dos actos que a asociación Down Ourense e o movemento Down Galicia levaron a cabo para conmemorar o Día Mundial da síndrome de Down, que se celebrou onte en todo o mundo.

Entradas relacionadas

Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
23 Marzo, 2023
Down Compostela entrega os seus décimos premios a Burger King, Escola Play e José María Fernández
22 Marzo, 2023
As persoas coa síndrome de Down reclaman o fin dos prexuízos vencellados ao colectivo no Día Mundial da síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Persoas usuarias de Teima reivindican os seus dereitos con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Persoas usuarias da asociación Down Lugo saen á rúa a reclamar os seus dereitos polo Día Mundial da Síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Xuntos e a corporación municipal reivindican a importancia da inclusión con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}