Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Xuntos invita á sociedade pontevedresa a sacar fotos pola inclusión con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Xuntos invita á sociedade pontevedresa a sacar fotos pola inclusión con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down

22 Marzo, 2022

» Xuntos invita á sociedade pontevedresa a sacar fotos pola inclusión con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down

 

Con motivo do Día Mundial da síndrome de Down, Down Pontevedra Xuntos quixo reivindicar a importancia da inclusión das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais involucrando á sociedade pontevedresa no seu cometido.

Así, situados na Praza da Peregrina, nas inmediacións do Hospital Provincial e preto da sede de Xuntos na Rúa Gorgullón, a entidade colocou tres photocalls nos que animaban a todas aquelas persoas que o desexasen a sacar unha fotografía e subila a redes sociais mencionando á asociación e incluíndo o hashtag #inclusion.

Ata estes lugares tamén se achegaron distintos persoeiros da cidade, que coas súas fotografías quixeron concienciar sobre a importancia das sociedades plurais e diversas. Deste xeito, non deixaron pasar esta oportunidade o actor David Amor; a influencer Natalia Maquieira; o alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores; o concelleiro de benestar social, Marcos Rey Pazos; ou Alberto Ribas, do blog Alvientooo, entre outras.

Pero ademais desta acción a pé de rúa, persoas usuarias da asociación quixeron reivindicar unha vez máis os seus dereitos participando en dúas lecturas públicas do Manifesto do Movemento Down polo Día Mundial da Síndrome de Down. Así, aproveitando a proxección da película Valentina nos concellos de Cambados e Soutomaior, Ángeles e Matías alzaron a súa voz en nome de todas as persoas vencelladas ás entidades Down de Galicia para dar as grazas a aquelas persoas e entidades que entenden que a inclusión é a base de calquera sociedade e instaron a todos e todas a seguir traballando para derrubar barreiras e alcanzar a igualdade de oportunidades nun mundo máis xusto para todas as persoas, independentemente das súas características.

                   

Sensibilización en centros educativos

Ademais destes actos, Xuntos está a participar tamén en distintas actividades durante estas semanas co obxectivo de sensibilizar ás e aos máis pequenos sobre as capacidades das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.

A Escola infantil O Grupo (Marín), o CEIP Plurilingüe de Carballedo (Cotobade), o CEIP Santo André de Xeve (Pontevedra) e o CEIP San Martiño (Pontevedra) son os centros educativos nos que profesionais e persoas usuarias da entidade están a dar visibilidade á importancia de que todos os nenos e nenas compartan espazo nas aulas e no moito que as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais poden ofrecer á sociedade da que forman parte.

Ademais, o vindeiro 30 de abril Xuntos participará en A Hora do Conto, unha actividade organizada por Pavís Pavós en colaboración co Concello de Pontevedra, que procura o fomento da lectura entre a cativada.

 

Outras accións

O edificio do Concello de Pontevedra lucirá durante estes días unha pancarta de Down Pontevedra Xuntos con motivo desta sinalada data. A colocación da mesma tivo lugar onte coa presenza do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, o concelleiro de Benestar Social, Marcos Rey, e o presidente de Xuntos, Manuel Pérez Cabo.

Estas accións están incluídas dentro dos actos que a asociación Down Pontevedra Xuntos e o movemento Down Galicia levaron a cabo para conmemorar o Día Mundial da síndrome de Down.

Entradas relacionadas

Distribuciones Froiz contrata a catro persoas da bolsa de emprego de Xuntos para a campaña de Nadal
27 Decembro, 2022
A curta “Felisa e Manolo”, creada por membros de Xuntos, acada o primeiro premio do concurso “Curtas D-Medo” do Concello de Barro
9 Novembro, 2022
Mozos e mozas de Xuntos retoman o seu voluntariado na protectora Os Palleiros tralo parón pola COVID
16 Xuño, 2022
Down Ourense conmemora o Día Mundial da síndrome de Down nas rúas da cidade
22 Marzo, 2022
Persoas usuarias de Teima reivindican os seus dereitos con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down
22 Marzo, 2022
Persoas usuarias da asociación Down Lugo saen á rúa a reclamar os seus dereitos polo Día Mundial da Síndrome de Down
22 Marzo, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}