Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

«Explicáronme que tiña síndrome de Down e entendín todo o que podía facer»

Traballamos

Medramos

Aprendemos

«Explicáronme que tiña síndrome de Down e entendín todo o que podía facer»

31 Marzo, 2022

» «Explicáronme que tiña síndrome de Down e entendín todo o que podía facer»

 

O pasado día 17 de marzo, unha data moi próxima tanto ao Día da Muller como ao Día Mundial da Síndrome de Down, en Down España aproveitaron para celebrar unha nova conferencia na que falaron sobre inclusión e sobre mulleres coa síndrome de Down: “O emprego das mulleres coa síndrome de Down. A experiencia de Sara e Noela”, unha charla en primeira persoa, onde Sara Abalde e Noela Avedaño explicaron a súa experiencia laboral, acompañadas de Eva Alonso Fernández, responsable de Emprego de Down Vigo.

Para iniciar esta conferencia, Eva Alonso reflexionou sobre algúns datos en relación á inclusión laboral das mulleres coa síndrome de Down e explicou como se traballa na asociación viguesa para impulsar o emprego das persoas con síndrome de Down.

“En Down Vigo temos ese gran obxectivo desde hai máis de 30 anos. Ao principio apuntábanse poucas mulleres aos programas de emprego e, aínda que a situación cambiou e agora son moitas as interesadas, seguen existindo os roles dirixidos ás mulleres como o coidado da familia e o fogar. Por iso, seguen sendo máis homes coa síndrome de Down ou discapacidade intelectual que mulleres os que queren traballar”, explica Eva Alonso.

Tras a presentación de Alonso sobre a realidade das mulleres coa síndrome de Down no ámbito laboral, Sara Abalde e Noela Avedaño preparaban as súas presentacións. “Elas son dúas mulleres en maiúsculas. Son loitadoras e moi traballadoras”, afirmou Alonso sobre as dúas usuarias de Down Vigo, que estaban moi contentas de poder compartir a súa experiencia.

A primeira en tomar a palabra foi Sara, quen se describiu como unha muller “nerviosa e moi activa”. “Gústame estar a facer cousas sempre e encántame escribir. Vivo coa miña familia, pero son totalmente independente. Eu organízome para levantarme, ir á asociación e ao traballo. Gústame facer as cousas por min mesma”, recalcou a moza.

Segundo explicou Sara, a súa familia foi sempre o seu gran impulso e apoio para lograr as súas metas e por suposto tamén para traballar: “A miña nai críome soa e sempre me ensinou a desenvolverme e a pedir axuda se era necesario. Ademais, chegou á miña vida Víctor, que para min é o meu pai. El tamén me deu o seu agarimo e apoio. A miña familia respecta e apoia as miñas decisións”, sinalou Sara.

Doutra banda, a moza compartiu como sentiu cando soubo que tiña síndrome de Down: “Cando ía soa pola rúa, a xente mirábame, preguntábanme: por que estás soa?, Onde vas?, Queres que che axude? Tratábanme como a unha nena pequena, e eu non o entendía porque nese momento non sabía que tiña discapacidade. Explicáronme que tiña síndrome de Down na miña asociación e entendín o que era e todo o que podía facer como o resto de persoas”. “Antes, se alguén me insultaba ou me trataba mal, calaba, pero agora cando vivo algunha situación así, actúo. Síntome moi feliz porque aprendín a manexar as miñas emocións”.

Unha das cousas que lle preocupaban a Sara era que podía ser difícil para ela atopar traballo ao ser muller con discapacidade. “Non sabía que podía ter a posibilidade de traballar como o resto de persoas. Agora si que o sei. Non importa que teña discapacidade. Téñennos que respectar, aínda que sexamos diferentes e as mulleres temos o mesmo de dereito que os homes para facer o que queiramos: xogar ao baloncesto, traballar…”.

Sara traballa desde o ano 2019 no concesionario Pérez Rumbao Cars. “Ao principio dábame medo traballar e moita vergoña estar con compañeiros e compañeiras. Agora levo dous anos como muller traballadora e lévome ben con todos e todas, axúdanme e danme confianza», explicou a moza galega. “Sei que se non podo seguir nesta empresa, atoparei outras oportunidades. Síntome con forzas e son un exemplo”.

Pola súa banda, Noela Avedaño, de 35 anos, ademais de describir a súa personalidade, tamén quixo explicar a súa experiencia traballando e como foron os seus inicios ata chegar a ser auxiliar administrativa na xerencia municipal de urbanismo do concello de Vigo. “Eu son moi traballadora, intelixente, moi boa e lévome moi ben coas miñas amigas”.

“Son independente, traballo e todo grazas ao apoio dos meus pais. Estiveron ao meu lado en todo momento, só querían que fose feliz. A miña familia sempre loitou para que, desde pequena, puidese facer todo o que facían o resto persoas”, destacou a moza.

Ademais de recalcar a importancia do apoio da súa familia, Noela explicou que foi moi importante para ela estudar nun colexio ordinario. “Despois, fixen un curso e logo prácticas. Agora levo xa 11 anos no meu traballo”.

 

Conferencia completa:

 

Entradas relacionadas

Down Vigo conmemora o Día Mundial da Síndrome de Down con diversos actos en toda a cidade
21 Marzo, 2023
Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
As entidades Down de España lanzan a campaña “#NoSomosUnEstereotipo, somos mucho más” para o Día Mundial da Síndrome de Down
10 Marzo, 2023
Carlota asina o seu primeiro contrato de traballo
22 Febreiro, 2023
Down Galicia actualiza a súa “Guía de orientación académica e profesional”
2 Febreiro, 2023
Down Vigo e Carrefour amplían a súa colaboración cunha nova contratación laboral
31 Xaneiro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}