Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

Down Galicia e ACDgal alíanse para promover o envellecemento activo e saudable das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Galicia e ACDgal alíanse para promover o envellecemento activo e saudable das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais

5 Abril, 2022

» Down Galicia e ACDgal alíanse para promover o envellecemento activo e saudable das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais

 

A Federación Down Galicia e a Asociación de Centros de Día de Galicia acaban de asinar un convenio de colaboración que ten por obxecto a posta en marcha e desenvolvemento de distintas medidas relativas ao avance no proceso de envellecemento activo e saudable das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, así como á promoción da súa correcta atención.

Este acordo céntrase en propostas como o intercambio de información sobre o perfil e as necesidades do colectivo de persoas con discapacidade intelectual na etapa do envellecemento, o deseño e posta en marcha de programas de envellecemento activo e saudable, a busca de fórmulas para mellorar o proceso de envellecemento do colectivo ou a promoción de accións que contribúan a unha maior visibilización, participación e inclusión das persoas maiores con discapacidade intelectual en programas e servizos da comunidade, entre outras.

 

O envellecemento das persoas coa síndrome de Down

Envellecer é un proceso natural para todas as persoas, pero non deixa de ser unha conquista para aquelas que teñen síndrome de Down. Na actualidade a esperanza de vida das persoas con esta alteración cromosómica sitúase ao redor dos 60 anos.

Este logro vén derivado do estudo e do coñecemento exhaustivo da realidade e necesidades do colectivo, dando lugar a unha mellora exponencial da súa calidade de vida e, moi especialmente, a unha mellor e máis especializada atención no campo da saúde. Por suposto, tamén polas melloras na atención social a través de entidades de apoio, mediante as que se conseguiu previr a dependencia e aumentar as cotas de autonomía das persoas pertencentes a este colectivo.

Pero a realidade é que as persoas coa síndrome de Down experimentan un proceso de envellecemento acelerado, polo que a partir dos 40-45 anos comezan a presentar trazos típicos da poboación envellecida.

Asumir esta nova realidade implica introducir as medidas necesarias que contribúan a alcanzar esta etapa vital coa maior calidade de vida posible e que permitan planificar este momento da vida da forma máis idónea.

Desde o Movemento Down de Galicia cren firmemente en que o modelo de vida inclusivo que promoven, que garante a participación en contornas e servizos comunitarios, terá unha repercusión positiva no envellecemento das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.

 

Sobre a Asociación de Centros de Día de Galicia

A misión de ACDgal é representar aos centros de día da Comunidade Autónoma de Galicia, velar polos seus dereitos, formalos e orientalos nas obrigas normativas, ademais de promocionar a participación activa colaborando con programas de terapias non farmacolóxicas, a estimulación, os coidados e a socialización das persoas maiores.

Entradas relacionadas

CERMI Galicia esixe que a inclusión das persoas con discapacidade comece desde a infancia
3 Maio, 2022
A metodoloxía Emprego con Apoio das entidades Down fai fronte á crise con case 190 contratos de traballo en empresas ordinarias en 2021
29 Abril, 2022
O CEESG súmase a Down Galicia na procura dun envellecemento activo e saudable para as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
25 Abril, 2022
As entidades sociais galegas piden o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda
8 Abril, 2022
Down Galicia desenvolve 17 proxectos neste 2022 grazas ás persoas que marcaron o X solidario
7 Abril, 2022
A Deputación da Coruña colabora de novo con Down Galicia en dous proxectos na provincia
30 Marzo, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa
Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}