Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

CERMI Galicia expón as principais reivindicacións das persoas con discapacidade ante o Parlamento de Galicia

Traballamos

Medramos

Aprendemos

CERMI Galicia expón as principais reivindicacións das persoas con discapacidade ante o Parlamento de Galicia

12 Abril, 2022

» CERMI Galicia expón as principais reivindicacións das persoas con discapacidade ante o Parlamento de Galicia

 

O Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI Galicia) fixo valer as súas reivindicacións ante os diferentes grupos políticos nunha intervención na que resaltou asuntos de especial relevancia para as persoas con discapacidade.

Así se manifestou Luciano Fernández Pintor, presidente do CERMI Galicia durante a comparecencia que realizou o pasado venres ante o Parlamento de Galicia. A prevención, o desenvolvemento de programas preventivos centrados en hábitos de vida saudables que permitan frear o aumento de discapacidades adquiridas, a atención temperá ou a elaboración dun protocolo consensuado de derivación entre as diferentes áreas e servizos foron algunhas das reivindicacións expostas máis destacadas.

En materia de educación pediuse unha concreción do que se considera educación inclusiva e un aumento en profesorado especifico que poida atender as demandas do alumnado con discapacidade e outras necesidades educativas especiais.

No que respecta ao emprego, o desenvolvemento de campañas de sensibilización e información sobre as vantaxes e beneficios fiscais na contratación de persoas con discapacidade, a  remodificación das bonificacións segundo o grao de discapacidade, o cumprimento da lei de infraccións e sancións respecto á vulneración de reservas de prazas ou á discriminación por condición de discapacidade, foron algunha das peticións.

Tamén realizaron reivindicacións no ámbito da sanidade, como a oportunidade de colaborar no Espazo Sociosanitario galego de atención a todas as discapacidades, “tanto desde a vertente da Consellería de Política Social como, simultaneamente, desde a de Sanidade” matizou.

No que se refire a política social, esixiron a axilización do desenvolvemento do Decreto do Concerto Social de Galicia.

Outros requirimentos centráronse na accesibilidade e participación na Comisión de seguimento para o cumprimento desta, así como a igualdade de establecer un espazo de colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade coa que poder traballar en favor das mulleres con discapacidade de Galicia.

O presidente de CERMI Galicia sinalou que “se debe obter o compromiso dunha interlocución máis frecuente, coa finalidade de resolver e facer un seguimento do noso colectivo”.

Entradas relacionadas

Aprobado o novo baremo de recoñecemento da discapacidade
19 Outubro, 2022
A ONU reclama o fin do emprego segregado de persoas con discapacidade para garantir o seu dereito a un traballo digno
14 Setembro, 2022
Descobren que unha terapia hormonal podería mellorar as habilidades cognitivas de persoas coa síndrome de Down
5 Setembro, 2022
Continúa aberto o prazo de solicitude das axudas do Ministerio de Educación para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
31 Agosto, 2022
As persoas con discapacidade estarán máis protexidas trala entrada en vigor da nova lei de igualdade de trato e non discriminación
14 Xullo, 2022
A lamivudina podería ter “efectos moi interesantes” en persoas coa síndrome de Down, segundo unha investigación con ratos
4 Xullo, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}