downgalicia@downgalicia.org981581167
FacebookInstagramTwitterYouTubeFlickr
Down Galicia
Down Galicia
Síndrome de Down e inclusión
  • Galego
    • Español
    • English
 
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

AFACO contrata a unha moza de Down Coruña como axudante de cociña

  • Traballamos

  • Medramos

  • Aprendemos

AFACO contrata a unha moza de Down Coruña como axudante de cociña

12 Maio, 2022

» AFACO contrata a unha moza de Down Coruña como axudante de cociña

 

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer da Coruña e Down Coruña selaron esta semana un acordo de colaboración para incorporar ao equipo de traballo de AFACO a Elvia Gabriela Javier Cortorreal, unha moza con discapacidade intelectual membro da entidade Down.

Elvia, que inicia así unha nova experiencia laboral na súa traxectoria profesional, contará cun contrato dun ano a media xornada como axudante de cociña.

Para prepararse para o seu novo posto de traballo, a moza sumou á súa formación como monitora de comedor escolar, outra como manipuladora de alimentos e unha sobre alérxenos e intolerancias alimentarias.

Previamente a esta incorporación, Elvia Cortorreal realizou prácticas na empresa Arume como auxiliar de comedores escolares no CEIP Novo Arteixo.

“Esta contratación súmase a outras en diferentes ámbitos profesionais e reafirma o traballo de formación e acompañamento en materia de emprego que desde Down Coruña realizamos para coas persoas asociadas”, indican desde a entidade.

 

Programa de formación e emprego en Down Coruña

A inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais é un dos principais obxectivos de Down Coruña. A entidade busca, a través da inserción no mercado de traballo das súas persoas usuarias, que estas logren aumentar a súa independencia persoal e económica.

Down Coruña, do mesmo xeito que o resto de entidades Down de Galicia, propician a inclusión laboral en diferentes ámbitos e en distintos perfís, á vez que buscan que a sociedade normalice a inclusión laboral do colectivo en contornas ordinarias.

 

Sobre AFACO

A Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias afíns da Coruña (AFACO) é unha organización sen ánimo de lucro que está dirixida a mellorar a vida das persoas afectadas pola enfermidade de Alzheimer, así como a das súas familias, mediante unha atención integral personalizada e de calidade contrastada.

Os obxectivos permanentes que persegue AFACO son, entre outros, prestar asistencia psicolóxica e social aos familiares das persoas con Alzheimer; asesorar aos familiares sobre cuestións legais, sociolóxicas e económicas; facilitar, mellorar e controlar a atención dos pacientes con demencia para mellorar a súa calidade de vida ao máximo e estimular os estudos sobre a incidencia e evolución terapéutica.

Entradas relacionadas
Danza e deporte para desfrutar dun ocio inclusivo en Down Coruña
6 Maio, 2022
Down Lugo presenta o programa Emprego con apoio na Facultade de ADE do campus lucense
5 Maio, 2022
A metodoloxía Emprego con Apoio das entidades Down fai fronte á crise con case 190 contratos de traballo en empresas ordinarias en 2021
29 Abril, 2022
Un mozo de Down Vigo comeza a traballar en Rodavigo como operario de almacén
26 Abril, 2022
O Concello de Agolada contrata un ano máis a un mozo de Down Lugo trala sinatura dun novo convenio coa entidade
13 Abril, 2022
Down Vigo e Zona Franca renovan o seu compromiso coa inclusión laboral a través dunha nova contratación
11 Abril, 2022
Máis novas
Multimedia
Publicaciones
Revista down
Búsqueda de empleo
Envellecimiento Activo
Colaboradores
Identidade Corporativa
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
    
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto





Calidad AenorCalidad Aenor
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}