Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

‘O Quiosco de Down Experience’ participa na ‘EA! Gastrosocial Experience’

Traballamos

Medramos

Aprendemos

‘O Quiosco de Down Experience’ participa na ‘EA! Gastrosocial Experience’

6 Xuño, 2022

» ‘O Quiosco de Down Experience’ participa na ‘EA! Gastrosocial Experience’

 

Down Coruña, a través da súa iniciativa ‘O Quiosco de Down Experience’, participou o pasado domingo 29 de maio na ‘EA! Gastrosocial Experience’, o I Congreso de Gastronomía social desde a agricultura, a cociña e a hostalería celebrado en Ronda (Málaga).

A entidade foi convidada á cita para explicar o caso de éxito de Down Experience en materia de inclusión laboral de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais no sector da hostalería.

Manuel Rego, director executivo da entidade, e Manuel Álvarez Esmorís, vicepresidente da mesma, participaron na mesa de traballo “Transcendendo os límites das limitacións”, compartindo espazo con membros da asociación Cociñar a Cegas de Logroño.

“Había unha gran expectación pola nosa iniciativa e tivo unha gran acollida”, conta Manuel Álvarez Esmorís. “Outras entidades da zona mostraron gran interese pola experiencia de ‘O Quiosco de Down Experience’ e falaron de exporse facer algo parecido nun futuro para as persoas con discapacidade en Andalucía”, relata o vicepresidente de Down Coruña.

‘EA! Gastrosocial Experience’ traballa pola igualdade de oportunidades de todas as persoas, sendo a sustentabilidade e a integración social os eixos sobre os que pivota esta cita. “O proxecto Esencia Andalucía Gastrosocial Experience nace para poñer en valor a cociña e a gastronomía desde o mundo rural e a súa achega e relevancia para afrontar as problemáticas e os retos da sociedade actual”, explican desde a organización.

 

Almorzo de traballo con Alía Network

Ademais da participación no ‘EA! Gastrosocial Experience’, representantes de ‘O Quiosco de Down Experience’ compartiron co equipo de Alía Network un almorzo de traballo para explicar o nacemento e progresión deste proxecto de inclusión laboral dentro da hostalería. A cita celebrouse o pasado 25 de maio e estivo presidida por Carlos Martín Pacheco, presidente da Asociación Alía Network. Por parte de Down Experience acudiu Manuel Rego, director executivo do proxecto e de Down Coruña.

Tal e como explicou Manuel Rego durante o almorzo, “o Quiosco de Down Experience e o seu bocadillo de luras son un referente da cidade da Coruña”. E isto foi posible “grazas a un produto de calidade cun prezo razoable que á xente lle gusta”. A aceptación da proposta hostaleira foi grande entre a cidadanía coruñesa e representa un modelo de éxito rotundo de inclusión laboral.

Entradas relacionadas

SEUR contrata de forma indefinida a Manu Otero, membro de Down Compostela
14 Xuño, 2022
As entidades Down sensibilizan sobre a importancia do emprego ordinario en distintos centros de formación profesional
10 Xuño, 2022
O Campionato de Baristas Down de Galicia volve á presencialidade na súa novena edición
8 Xuño, 2022
AFACO contrata a unha moza de Down Coruña como axudante de cociña
12 Maio, 2022
Danza e deporte para desfrutar dun ocio inclusivo en Down Coruña
6 Maio, 2022
Down Lugo presenta o programa Emprego con apoio na Facultade de ADE do campus lucense
5 Maio, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa
Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}