Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

O Campionato de Baristas Down de Galicia volve á presencialidade na súa novena edición

Traballamos

Medramos

Aprendemos

O Campionato de Baristas Down de Galicia volve á presencialidade na súa novena edición

8 Xuño, 2022

» O Campionato de Baristas Down de Galicia volve á presencialidade na súa novena edición

 

Dez mozos e mozas da Fundación Down Compostela e a Asociación Down Vigo participaron o pasado venres no IX Campionato de Baristas Down de Galicia, organizado por ambas as entidades e pola empresa Cafento e celebrado no Hotel Ruta Jacobea de Santiago de Compostela.

Tras o parón en 2021 debido á pandemia de COVID-19, este ano retomábase por fin a presencialidade deste evento con toda a ilusión e con moitas ganas de demostrar que a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais é máis que posible no sector da hostalería.

Por parte da Fundación Down Compostela, Mariña, David, Iván, Sara e Cristina integraron o equipo “Drupa”, mentres que en “Os Cremosos” de Down Vigo participaron Andrea, Fran, Gisela, Mª Carmen e Víctor. Ante un público formado por varias decenas de persoas, os mozos e as mozas prepararon dous espressos, dous capuchinos e un combinado frío.

Tras a execución da proba, o equipo “Drupa” conseguiu os premios ao mellor espresso e ao mellor capuchino, mentres que o equipo “Os Cremosos” logrou vencer na categoría de mellor combinado frío sen alcol con base de café.

Pero para chegar a este campionato nas mellores condicións de preparación, as persoas integrantes dos dous equipos recibiron varias horas de formación durante a semana do evento. Diego López, embaixador barista de Cafento, foi o formador do equipo de Down Compostela nas instalacións da marca no polígono do Tambre, mentres que Alba Rodríguez, barista de Montecelio, foi a encargada de formar ás persoas participantes de Down Vigo na sede da asociación viguesa.

 

Sobre os Campionatos Baristas Down

Os Campionatos Baristas Down son unha iniciativa pioneira no mundo da empresa cafeteira Cafento, que consiste en levar as competicións entre profesionais expertos na cultura do café de calidade ás persoas coa síndrome de Down.

O primeiro Campionato Barista Down desenvolveuse en Galicia no ano 2012, co obxectivo de visibilizar o traballo das persoas coa síndrome de Down e as súas posibilidades de integrarse no mercado laboral como baristas. A partir deste intre, celebráronse ao longo da xeografía española diversos Campionatos Baristas Down, entre os que destacan os de Asturias, Andalucía, Comunidade Valenciana e Rexión de Murcia.

Grazas a estes certames, máis dun centenar de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais de toda España puideron formarse como especialistas no mundo do café. Delas, case unha trintena tivo ocasión de realizar prácticas laborais en diversos tipos de establecementos de hostalería.

Pero máis aló de pretender contribuír á inserción laboral, e consecuente autonomía das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, os Campionatos Baristas Down queren ser unha oportunidade para visibilizar a este colectivo como persoas perfectamente capaces.

Entradas relacionadas

Down Compostela entrega os seus décimos premios a Burger King, Escola Play e José María Fernández
22 Marzo, 2023
Down Vigo conmemora o Día Mundial da Síndrome de Down con diversos actos en toda a cidade
21 Marzo, 2023
Carlota asina o seu primeiro contrato de traballo
22 Febreiro, 2023
Down Galicia actualiza a súa “Guía de orientación académica e profesional”
2 Febreiro, 2023
Down Vigo e Carrefour amplían a súa colaboración cunha nova contratación laboral
31 Xaneiro, 2023
Down Galicia e BBVA colaboran para promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual
27 Xaneiro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}