Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Lugo leva a escola inclusiva a un centro educativo en Alfoz

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Lugo leva a escola inclusiva a un centro educativo en Alfoz

13 Xuño, 2022

» Down Lugo leva a escola inclusiva a un centro educativo en Alfoz

 

O pasado mes de maio, Belén, Iria e Isma, tres profesionais da área de Educación de Down Lugo, desprazáronse ao CEIP Castro de Ouro de Alfoz para presentar e implementar un exemplo de escola inclusiva.

Durante o desenvolvemento da xornada empregaron o Deseño Universal da Aprendizaxe (DUA), un modelo de ensinanza que supón un cambio total de paradigma educativo, permitindo a todas as persoas estar, participar e progresar en contextos educativos ordinarios e acollendo e respectando a diversidade presente nas aulas. O DUA traslada o foco da discapacidade dende a persoa cara os contextos e materiais, establecendo unha ruptura total coa dicotomía entre as persoas con e sen discapacidade e aplicando o concepto de diversidade a todo o alumnado, sen excepción.

Os técnicos da entidade Down impartiron unha clase de lingua castelá na que participaron doce nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e na que se traballou o verbo. O reto era maiúsculo, xa que, ao tratarse dun centro educativo pequeno, conviven na mesma aula nenos e nenas de diferentes etapas educativas.

A sesión estivo estruturada en tres actividades multiniveladas. Así, os nenos e nenas formaron tres grupos que foron rotando por cada unha das actividades, levadas a cabo a través dunha ruleta de verbos, xogos de representación e música. Con estas actividades traballáronse os obxectivos previamente consensuados co titor do centro educativo, e os alumnos e alumnas foron quen de recoñecer verbos, estruturar oracións e identificar tempos verbais.

A experiencia foi moi positiva, garantindo a presencia, participación e progreso de cada un dos nenos e nenas presentes na aula.

Desde Down Galicia e Down Lugo queremos dar as grazas ao CEIP Castro de Ouro polo seu interese e animamos aos demais centros educativos a que sigan apostando por unha educación inclusiva.

Entradas relacionadas

Un verán cheo de actividades para os mozos e mozas de Down Lugo
4 Setembro, 2023
Down Lugo e CPR Inmaculada Maristas de Lugo apostan pola inclusión educativa
28 Xullo, 2023
Magníficos resultados dos mozos e mozas de entidades Down nas probas de Competencias Clave
26 Xullo, 2023
Down Galicia denuncia ante a xustiza á Consellería de Educación pola discriminatoria orde de axudas para material escolar
18 Xullo, 2023
Mozos e mozas de Down Lugo visitan a comarca do Barbanza para dar comezo ao verán
12 Xullo, 2023
Mozos e mozas de Down Lugo e Down Ourense comparten unha xornada de ocio na capital lucense
12 Xuño, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}