Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

SEUR contrata de forma indefinida a Manu Otero, membro de Down Compostela

Traballamos

Medramos

Aprendemos

SEUR contrata de forma indefinida a Manu Otero, membro de Down Compostela

14 Xuño, 2022

» SEUR contrata de forma indefinida a Manu Otero, membro de Down Compostela

 

Hai tres semanas que Manu Otero, un mozo con discapacidade intelectual membro da Fundación Down Compostela, se converteu en traballador indefinido da empresa de transporte SEUR.

Tras un breve período de prácticas no que o mozo demostrou todo o seu potencial, a empresa decidiu apostar por el inmediatamente ofrecéndolle un sitio fixo nas instalacións que a compañía ten no Polígono da Sionlla de Santiago de Compostela.

Durante a súa xornada de dúas horas diarias de luns a venres, desempeña diversas tarefas como organizar os contedores e manter a zona de carga e descarga organizada e recollida, escanar os códigos dos sobres e paquetes pequenos e colocalos no seu lugar correspondente ou recoller o cartón sobrante e levalo á máquina encartadora. Unha vez que remata as súas tarefas principais, Manu dedica o resto da súa xornada laboral a prestar apoio para manter a nave recollida, axudar na descarga do camión coa axuda dun traspalé e levar paquetes a sitios específicos da nave.

O mozo asegura que está “cen por cen” contento no seu novo traballo, do que destaca que o que máis lle gusta é “manexar o traspalé, pistolear, as tarefas de limpeza e revisar paquetes” e que, tralo período dun mes de prácticas, só precisa apoio para “manexar cargas moi pesadas”.

En canto á relación cos seus compañeiros e compañeiras, esta non podería ser mellor. Manu conectou desde o principio con todos e todas e asegura que se levan “moi ben”, xa que teñen bastantes cousas en común. Todo o mundo lle ofrece a posibilidade de probar as tarefas as veces que sexan necesarias para que as domine e a dinámica e o ambiente durante as horas de traballo que o mozo está na nave é estupendo.

 

Novas incorporacións en varias localidades de Galicia

Esta contratación, primeira de SEUR en Galicia dunha persoa pertencente a unha entidade Down, naceu tras unha reunión na que a Federación Down Galicia presentou á empresa o programa de Emprego con Apoio.

Grazas á boa experiencia en Santiago de Compostela, a compañía acaba de sumar ós seus equipos de traballo en Ourense e Vigo a tres persoas usuarias das entidades Down destas cidades para realizar prácticas con posibilidade de contratación, sendo a idea incorporar a máis persoas en outras localidades galegas.

Por iso, desde o Movemento Down de Galicia queremos agradecer as oportunidades e a predisposición de SEUR nestas insercións e a súa aposta polo emprego inclusivo.

Entradas relacionadas

Teima e a Deputación da Coruña asinan un convenio de colaboración para apoiar economicamente o Servizo de Formación Sociolaboral e Emprego da entidade
30 Agosto, 2023
Magníficos resultados dos mozos e mozas de entidades Down nas probas de Competencias Clave
26 Xullo, 2023
Mozos e mozas de Down Ourense traballan como azafatos e azafatas no evento polo 50 aniversario de Galfor
28 Xuño, 2023
Down Vigo e Vithas colaboran para fomentar a inserción laboral de persoas con discapacidade intelectual
21 Xuño, 2023
O grupo de teatro de Down Compostela presenta este venres a comedia ‘A pantalla máxica’ no Teatro Principal
15 Xuño, 2023
Cafés Candelas contrata de xeito indefinido a un mozo de Lugo con discapacidade intelectual
31 Maio, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}