Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

As organizacións de acción social piden o apoio das empresas galegas marcando a Casiña Empresa Solidaria no Imposto de Sociedades

Traballamos

Medramos

Aprendemos

As organizacións de acción social piden o apoio das empresas galegas marcando a Casiña Empresa Solidaria no Imposto de Sociedades

28 Xuño, 2022

» As organizacións de acción social piden o apoio das empresas galegas marcando a Casiña Empresa Solidaria no Imposto de Sociedades

 

  • Poderíanse recadar 186 millóns de euros para fins sociais se as empresas marcasen a Casiña Empresa Solidaria no Imposto de Sociedades
  • Con esta decisión de custe cero, o sector empresarial ten a oportunidade de xerar un impacto positivo na sociedade e contribuír a unha transformación social máis xusta, igualitaria e sostible
  • A Casiña Empresa Solidaria está incluída no Imposto de Sociedades, que se presenta do 1 ao 25 de xullo de 2022, e marcala supón destinar o 0,7% do recadado a proxectos de interese social
  • Os fondos recadados a través da Casiña Empresa Solidaria do Imposto de Sociedades van dirixidos a financiar unha gran diversidade de proxectos sociais e ambientais, desenvoltos por entidades do Terceiro Sector e dirixidos á loita contra a pobreza, a exclusión social e a desigualdade

 

Coincidindo co inicio da campaña para a presentación do Imposto de Sociedades, as ONG galegas representadas por EAPN Galicia, CERMI Galicia e Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia, piden a colaboración das empresas para que marquen a Casiña Empresa Solidaria no seu Imposto de Sociedades.

As ONG prestaron e prestan servizos esenciais na loita contra a COVID-19, a crise social e económica actual pola inflación e a guerra de Ucraína, apoiando e defendendo os dereito das persoas máis vulnerables. Este traballo é posible grazas ás case 750.000 persoas que en Galicia marcan o X Solidario na súa Declaración da Renda e agora tamén para grandes, medianas ou pequenas empresas coa Casiña Empresa Solidaria.

O financiamento económico que chega a través do 0,7% da cota íntegra do Imposto de Sociedades é necesario e fundamental para que moitas ONG galegas poidan seguir prestando servizos e desenvolvendo programas dos que resultan beneficiarias milleiros de persoas, veciñas e veciños cos que convivimos.

A medida, que está presente desde o período impositivo de 2018, supón unha inxección de fondos máis que necesaria para moitas das case 700.000 persoas vítimas da pobreza ou a exclusión social no 2020, un 25,7% da poboación galega.

Persoas usuarias de programas como o de teleasistencia, apoio ás persoas con discapacidade e familias, educación para a saúde, centros de atención integral para as mulleres diagnosticadas de cancro de mama, residencias, atención a mulleres en dificultade social, centros de día, atención a persoas sen fogar, erradicación de violencia de xénero, atención á poboación rural en pobreza, programas de voluntariado, transporte en vehículos adaptados, entre outros moitos.

Empresa e impacto positivo: #EmpresasConImpacto

A Casiña Empresa Solidaria pódese marcar neste 2022 durante o período de presentación do Imposto de Sociedades, entre o 1 e 25 de xullo, e está actualmente dispoñible en dous modelos do devandito imposto: o 200 e o 220. Aparece incluída no apartado “Outros caracteres – fins sociais”, concretamente, na casiña 00073 (dentro do modelo 200) ou ben na 069 (no modelo 220).

Marcar a Casiña Empresa Solidaria supón unha decisión libre e altruísta, con custe cero para as empresas, coa que teñen a oportunidade de implicarse directamente na reconstrución social igualitaria e inclusiva, que beneficia, tanto ao tecido empresarial como á sociedade en si mesma.

Máis información: www.casillaempresasolidaria.es

 

 

Entradas relacionadas

Aprobado o novo baremo de recoñecemento da discapacidade
19 Outubro, 2022
A ONU reclama o fin do emprego segregado de persoas con discapacidade para garantir o seu dereito a un traballo digno
14 Setembro, 2022
Descobren que unha terapia hormonal podería mellorar as habilidades cognitivas de persoas coa síndrome de Down
5 Setembro, 2022
Continúa aberto o prazo de solicitude das axudas do Ministerio de Educación para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
31 Agosto, 2022
As persoas con discapacidade estarán máis protexidas trala entrada en vigor da nova lei de igualdade de trato e non discriminación
14 Xullo, 2022
A lamivudina podería ter “efectos moi interesantes” en persoas coa síndrome de Down, segundo unha investigación con ratos
4 Xullo, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}