Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Galicia e a Consellería de Facenda asinan un convenio de colaboración en materia de emprego inclusivo

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Galicia e a Consellería de Facenda asinan un convenio de colaboración en materia de emprego inclusivo

11 Xullo, 2022

» Down Galicia e a Consellería de Facenda asinan un convenio de colaboración en materia de emprego inclusivo

 

Delmiro Prieto González, presidente de Down Galicia, e Miguel Corgos López-Prado, conselleiro de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, asinaron esta mañá un convenio de colaboración entre as entidades que representan, mediante o que a Federación asesorará á Consellería durante os futuros procesos de adaptación aos postos de traballo daquelas persoas con discapacidade intelectual que se incorporen como persoal funcionario na administración galega.

En concreto, esta colaboración céntrase no desenvolvemento tanto de accións de formación e orientación socio laboral previas ao ingreso ou ao inicio da prestación de servizos na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia das persoas traballadoras con discapacidade intelectual, como accións de apoio ao desenvolvemento no propio posto de traballo ao longo da súa carreira profesional.

O convenio dará cobertura a todo o apoio que se preste dende as entidades Down de Galicia a través da figura profesional do preparador ou preparadora laboral, en calquera posto de traballo competencia de función pública e que sexa desenvolvido por unha persoa con discapacidade intelectual.

Así, as actuacións a desenvolver serán as seguintes:

  • Cursos de formación específicos previos ao ingreso ou ao inicio da prestación de servizos na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, que serán impartidos por persoal da Xunta de Galicia co apoio de persoal das entidades membro da Federación Down Galicia.
  • Apoio no proceso de inserción e adaptación efectiva ao posto de traballo das persoas con discapacidade intelectual, así como da súa contorna laboral.
  • Seguimento do desempeño da actividade laboral, incluíndo formación continua en competencias instrumentais, transversais e laborais para as persoas con discapacidade intelectual, de acordo cos resultados da detección de necesidades formativas.
  • Realización de talleres prácticos de intercambios de experiencias dirixidos ao persoal que realiza funcións de referencia na contorna de traballo das persoas con discapacidade intelectual.

Entradas relacionadas

Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
23 Marzo, 2023
As persoas coa síndrome de Down reclaman o fin dos prexuízos vencellados ao colectivo no Día Mundial da síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Reserva a túa cunca vintage polo Día Mundial da Síndrome de Down e colabora con Down Galicia na loita contra os estereotipos
13 Marzo, 2023
‘Eu decido’: manifesto do CERMI Mulleres polo Día Internacional da Muller
8 Marzo, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}