Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

A aventura de buscar novas metas laborais

Traballamos

Medramos

Aprendemos

A aventura de buscar novas metas laborais

12 Setembro, 2022

» A aventura de buscar novas metas laborais

 

Hai 15 anos que Beatriz Silva forma parte do servizo de Emprego con Apoio da asociación Down Vigo. Acababa de pisar a entidade cando conseguiu o seu primeiro contrato, xusto no sector que anhelaba e para o que se formou: o traballo con nenos e nenas.

Esta experiencia inicial como acompañante de autobús escolar, durou case sete anos e proporcionou a Bea os primeiros ensinos sobre o mundo laboral: “Aprendín o que é un preparador laboral e a traballar con nenos, que é difícil”.

Tras este primeiro contacto, e á espera dunha nova oportunidade, Bea tiña claro que a súa meta era traballar “de calquera cousa que houbese en Emprego” e realizou prácticas como operaria téxtil, recepcionista e auxiliar de ludoteca. Aínda que non tivo inconveniente en probar en diferentes sectores, tiña clara a súa vocación e en 2016, tras realizar un curso de auxiliar de comedor, chegou a recompensa en forma de contrato de traballo. Ao principio, a previsión era dunha experiencia curta, pero resultaron ser 4 cursos, aínda que non tan ideais como Bea pensaba: “Ao principio estaba ben e gustábame o comedor cos nenos. Quería ter un traballo e gañar diñeiro para gastalo. Despois canseime. Ás veces poñíame moi nerviosa e non sabía que facer e empezou a deixar de gustarme”.

Tras esta experiencia, Bea trasladou ao Servizo de Emprego de Down Vigo que preferiría cambiar de sector, e mentres chegaba outra oportunidade, seguía no comedor escolar. Pero en marzo de 2020 chegou o confinamento por mor da pandemia por COVID-19, os colexios pecharon as súas portas e o tempo parouse para todos. Tamén para Bea, que tivo tempo para reflexionar sobre o seu futuro profesional, chegando á conclusión de que non quería continuar traballando no comedor nin nese sector.

Fixou a súa meta laboral no campo do comercio e comezou a trazar o seu propio camiño para poder alcanzar o seu obxectivo. O primeiro paso? Reunións co servizo de Orientación Laboral da Federación en busca de formación específica. Así chegou a oportunidade de cursar o certificado de profesionalidade “Actividades Auxiliares de Comercio”, onde as prácticas formativas resultaron motivadoras para ela e actuaron como motor para seguir. Con todo, as súas ganas toparon coa dura realidade ao non atopar oportunidades laborais. Tras unha curta experiencia en limpeza, Bea tivo que seguir esperando novas oportunidades.

 

2022: cambio de tendencia

Bea empezou o ano facendo prácticas nunha perfumería como axudante de dependenta. Era exactamente o perfil profesional no que quería medirse como traballadora. Aproveitou o momento para demostrar as súas ganas e a súa valía: “Na perfumería gustábame un pouco de todo: atender ao cliente, darlle consello… algún facíame caso!”.

Poucos meses despois, o empeño de Bea, xunto á súa perseveranza e ilusión, tiveron a súa recompensa: un contrato de traballo como auxiliar de comercio nunha importante cadea de roupa e complementos da cidade. Gústalle e séntese feliz. A súa familia está encantada de vela así e Nuria, a súa preparadora laboral, destaca o seu entusiasmo e aplaude a decisión de Bea de “estar aberta a calquera oportunidade laboral que se presente”.

A día de hoxe, Bea pode sentirse moi orgullosa e dicir que conseguiu chegar á meta que se propuxo. Desde Down Galicia desexámoslle moita sorte e énchenos de orgullo a súa valentía e a súa capacidade de decisión, fundamental para lograr a auténtica autonomía persoal.

Entradas relacionadas

Down Vigo conmemora o Día Mundial da Síndrome de Down con diversos actos en toda a cidade
21 Marzo, 2023
Carlota asina o seu primeiro contrato de traballo
22 Febreiro, 2023
Down Galicia actualiza a súa “Guía de orientación académica e profesional”
2 Febreiro, 2023
Down Vigo e Carrefour amplían a súa colaboración cunha nova contratación laboral
31 Xaneiro, 2023
Down Galicia e BBVA colaboran para promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual
27 Xaneiro, 2023
A Deputación de Pontevedra apoia de novo a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
25 Xaneiro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}