Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Galicia conmemora o 20 aniversario da metodoloxía de Emprego con Apoio cunha campaña de sensibilización

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Galicia conmemora o 20 aniversario da metodoloxía de Emprego con Apoio cunha campaña de sensibilización

7 Outubro, 2022

» Down Galicia conmemora o 20 aniversario da metodoloxía de Emprego con Apoio cunha campaña de sensibilización

 

Con motivo da Xornada Mundial polo Traballo Digno, que se conmemora hoxe en todo o mundo, a Federación Down Galicia acaba de lanzar unha campaña de sensibilización sobre a metodoloxía de Emprego con Apoio.

Hai xa 20 anos que o Movemento Down en Galicia traballa para que as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais conten con oportunidades laborais en empresas ordinarias e administracións, fuxindo do emprego segregado e apostando pola verdadeira inclusión laboral.

A través dun adianto promocional, unha peza audiovisual e unha páxina web creada para a ocasión, a Federación busca sensibilizar á sociedade e, sobre todo, ao empresariado galego e ás institucións públicas, sobre a importancia do emprego inclusivo e as vantaxes dunha metodoloxía única como é o Emprego con Apoio.

Esta campaña, que a Federación manterá activa durante todo o mes de outubro, desenvolverase tamén nas redes sociais da entidade, onde Down Galicia ofrecerá información máis detallada sobre o seu programa de emprego e convidará a desterrar os prexuízos existentes sobre o colectivo.

 

A historia de Alba, unha entre as moitas experiencias de éxito

Alba Abuín, unha moza de 34 anos membro de Down Lugo, é a protagonista da campaña creada pola Federación Down Galicia. A súa experiencia de éxito representa tamén a de centos de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais vencelladas ás entidades Down de Galicia.

O vídeo, peza central desta campaña, amósanos a experiencia de Abuín como repoñedora en Decathlon Lugo e expón as virtudes da metodoloxía de Emprego con Apoio a través das declaracións de distintas persoas involucradas no proceso de inserción, así como da propia Alba.

Na súa intervención, Sarai Lodeiro, profesional da área de emprego da asociación Down Lugo, remarca que a vantaxe principal da metodoloxía é que “as persoas coa síndrome de Down ou discapacidade intelectual que empezan a traballar nunha empresa ordinaria sempre van acompañadas dun técnico dunha entidade Down, que é a persoa que vai acompañalas durante todo o seu proceso de inserción” e “lles vai ensinar, da mellor forma posible, como teñen que facer as súas tarefas”.

A responsable de Decathlon Lugo, Lara Teijeiro, destaca que “a contratación de Alba foi unha contratación normal” e que “recomendaría o Emprego con Apoio a tódalas empresas porque é algo que non lles custa nada a nivel de tempo para que a introdución no posto de traballo sexa óptima e fácil”.

Pola súa banda, Diego Núñez, empregado de Decathlon Lugo, salienta a mellora no clima laboral desde a chegada de Alba, xa que “desde o principio foi unha máis con nós e no seu equipo é unha parte moi importante a nivel anímico”.

A protagonista, pola súa parte, comenta que se sinte “unha máis da tenda” e que está “moi a gusto” cos seus compañeiros e compañeiras. Ademais, destaca que lle gusta “traballar en equipo”, ter o seu “propio diñeiro e ser independente”.

 

20 anos coa metodoloxía Emprego con Apoio

Foi no ano 2002 cando as entidades Down en Galicia comezaron a desenvolver o programa Emprego con Apoio, deseñado para atender especificamente as necesidades e barreiras que as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais atopan á hora de intentar acceder ao mercado laboral ordinario.

Este modelo baséase nun sistema estruturado de apoios e acompañamentos para guiar ás persoas demandantes de emprego a través de todo o proceso de inserción socio-laboral e asegurar a súa correcta incorporación ao posto de traballo. Deste xeito, as persoas que se incorporan a un novo emprego contan co apoio dun preparador ou preparadora laboral que se encarga de levar a cabo unha formación específica no propio posto de traballo, para que a persoa empregada poida ir adquirindo progresivamente unha adecuada execución das tarefas. O apoio tamén se centra na potenciación da interacción social cos compañeiros e compañeiras de traballo e na mediación na relación con eles para que se desenvolva de maneira positiva e natural.

Trátase, en definitiva, de prestar ás persoas con discapacidade intelectual os medios, os recursos e os apoios necesarios que faciliten a súa participación no mercado laboral da súa comunidade da mesma maneira que o resto de cidadáns e cidadás, favorecendo, deste xeito, a súa incorporación ou a súa estabilidade laboral e, de forma máis extensa, a súa inclusión social.

Avalada polos seus bos resultados, esta metodoloxía estase a consolidar como unha estupenda fórmula de inserción laboral para aqueles colectivos con máis dificultades á hora de atopar un traballo e supón unha alternativa idónea ás fórmulas de emprego protexido, baseadas nunha filosofía claramente asistencial e concibidas cun carácter instrumental e non como perpetradora do cambio nin como solución final ao problema.

 

Enlaces de interese:

Microsite Emprego con Apoio: www.downgalicia.org/eca

Vídeo da reportaxe completa: https://bit.ly/ExperienciaECA

Entradas relacionadas

Teima e a Deputación da Coruña asinan un convenio de colaboración para apoiar economicamente o Servizo de Formación Sociolaboral e Emprego da entidade
30 Agosto, 2023
Premio Insua dos Poetas a Down Galicia polo seu labor no eido da acción social
31 Xullo, 2023
Magníficos resultados dos mozos e mozas de entidades Down nas probas de Competencias Clave
26 Xullo, 2023
Down Galicia denuncia ante a xustiza á Consellería de Educación pola discriminatoria orde de axudas para material escolar
18 Xullo, 2023
As organizacións de acción social piden o apoio das empresas galegas marcando o recadro Empresa Solidaria no Imposto de Sociedades
17 Xullo, 2023
Down Galicia será a entidade beneficiaria do Festival de la Luz 2023
13 Xullo, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}