Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

O Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia atende a 251 persoas usuarias de entidades Down desenvolvendo máis de mil cincocentas accións

Traballamos

Medramos

Aprendemos

O Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia atende a 251 persoas usuarias de entidades Down desenvolvendo máis de mil cincocentas accións

21 Outubro, 2022

» O Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia atende a 251 persoas usuarias de entidades Down desenvolvendo máis de mil cincocentas accións

 

O Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia acumulou no pasado período 1.581 accións de orientación para un total de 251 persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais en busca activa de emprego. O balance está encadrado entre febreiro de 2021 e xaneiro de 2022, no caso das profesionais de orientación das provincias de A Coruña e Pontevedra, e de agosto de 2021 a agosto de 2022 da profesional que da servizo ás provincias de Lugo e Ourense.

As accións de orientación realizadas van encamiñadas a facilitarlle estratexias e recursos axeitados ás persoas inscritas na bolsa de demandantes do Servizo de Orientación de Down Galicia, de xeito que a súa busca activa de emprego sexa máis efectiva. Os grandes grupos de accións de orientación laboral compóñense de entrevistas personalizadas (1.051), sesións grupais (243) e entrevistas fóra de axenda (67), co obxectivo de dar resposta ás necesidades das persoas demandantes de emprego en función do seu perfil profesional.

Por outra banda, tamén se levaron a cabo 34 itinerarios personalizados de inserción e se mantiveron reunións ou entrevistas telefónicas coas familias, chegando a un total de 186 nos meses analizados. Ademais de 120 visitas e contactos con entidades públicas e privadas, así coma 2 empresas de ámbito autonómico visitadas e contactadas. Finalmente, este labor desenvolveuse grazas á coordinación co persoal técnico de Emprego das entidades Down e o equipo de Down Galicia, cun total de 215 reunións.

A raíz da crise sanitaria por mor da pandemia da COVID-19, algunhas destas accións -sobre todo ao inicio deste período- realizáronse a distancia. Deste xeito, a través de distintas plataformas e aplicacións, as persoas usuarias do servizo nestas zonas puideron seguir recibindo asesoramento personalizado en materia laboral.

O servizo conta con persoal técnico especializado e realiza as súas actuacións nas principais cidades galegas. Para iso, conta con tres orientadoras laborais, que prestan servizo itinerante desde os tres centros de traballo, situados en Santiago de Compostela, Vigo e Ourense, para dar cobertura á provincia de A Coruña -Ferrol, A Coruña, e Compostela-; á provincia de Pontevedra -Pontevedra e Vigo-; e ás provincias de Ourense e Lugo -Ourense, Lugo e Monforte de Lemos-, respectivamente.

O Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia é centro colaborador do Servizo Público de Emprego de Galicia, tendo competencias en materia de modificación de datos e actualización dos currículos das persoas demandantes derivadas á entidade. Durante o período referenciado, este servizo foi financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través da Dirección Xeral de Promoción para o Emprego e Orientación.

 

Entradas relacionadas

A Deputación de Ourense colabora no proxecto Emprego Con Apoio de Down Galicia na provincia
28 Novembro, 2023
Tres mulleres de Xuntos acadan un posto de traballo en empresas da comarca de Pontevedra
24 Novembro, 2023
Máis de 500 persoas recibiron formación no programa integrado para o fomento da empregabilidade de persoas vulnerables no que participou a Federación
15 Novembro, 2023
Máis de mil cincocentas accións desenvoltas no Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia, que atende a 249 persoas demandantes
24 Outubro, 2023
Down Galicia organiza a primeira xuntanza autonómica de irmáns e irmás de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
2 Outubro, 2023
Down Galicia lanza unha actualización da súa guía con normas e recomendacións sobre lectura fácil
27 Setembro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}