Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Lugo e o campus universitario da cidade presentan o Proxecto Troya, unha formación en competencias e habilidades empresariais

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Lugo e o campus universitario da cidade presentan o Proxecto Troya, unha formación en competencias e habilidades empresariais

26 Outubro, 2022

» Down Lugo e o campus universitario da cidade presentan o Proxecto Troya, unha formación en competencias e habilidades empresariais

 

A asociación Down Lugo e a Facultade de Administración e Dirección de Empresas da USC do campus lucense presentaron a pasada semana unha nova formación en competencias e habilidades empresariais para persoas usuarias da entidade social. Trátase do proxecto Troya, unha iniciativa que conta con apoio financeiro da Deputación Provincial de Lugo e a través da que se pretende que o mercado de traballo deixe de ser un espazo excluínte para as persoas con discapacidade, a fin de que este colectivo poida participar en todos os ámbitos da vida en igualdade de condicións que o resto da sociedade.

O acto de presentación contou coa presenza do vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga; a presidenta de Down Lugo, María José Blanco Freire; o deputado provincial delegado da área de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón; e o decano da Facultade de ADE, Roberto Bande Ramudo.

Neste novo proxecto social, promovido en colaboración co Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU) a través da Oficina de Voluntariado do Campus de Lugo, participarán oito persoas coa síndrome de Down ou outras discapacidades intelectuais usuarias da asociación Down Lugo, que contarán con dez sesións formativas presenciais que se desenvolverán todos os mércores desde o 19 de outubro ata finais de decembro na Facultade de ADE.

A inserción e inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual é o obxectivo principal do proxecto Troya, segundo salienta a profesora da USC e coordinadora deste proxecto, Ángeles López Cabarcos. Daquela, engade, a través deste curso para o desenvolvemento de habilidades buscamos mellorar a empregabilidade deste colectivo, ademais de traballar de xeito transversal outros obxectivos, tales como a mellora da autoestima, a aprendizaxe de competencias no uso e manexo de novas tecnoloxías e mesmo a adquisición de habilidades sociais. Deste xeito, a asistencia a clase antóllase como unha primeira parte do compromiso e do traballo a realizar polas persoas participantes, que tamén deberán manter un contacto co estudantado da Facultade de ADE que actuarán como mentores, establecer rutinas de estudo, relacionarse en novos ámbitos ou, entre outros, utilizar o transporte urbano.

O alumnado voluntario mentor facilitará apoio individualizado para un mellor aproveitamento do curso. A súa función será a de acompañar ao alumno ou alumna no seu proceso de aprendizaxe, servindo de guía na resolución de dúbidas.

 

Formación para a inclusión

A sesión de presentación do proxecto Troya serviu, asemade, para facer fincapé en que a formación, a cualificación profesional e as competencias a nivel tecnolóxico son factores a ter en conta para garantir as posibilidades de adaptación e inclusión das persoas con discapacidade no sempre cambiante entorno laboral. A esta realidade, cómpre engadir que a maioría das persoas con discapacidade intelectual carece de estudos superiores e, en consecuencia, deste tipo de capacitación, o que se traduce en menos oportunidades de emprego, sendo a inclusión laboral un dereito para as persoas con discapacidade e promove a súa participación na sociedade.

Entradas relacionadas

O Goberno facilita a xubilación anticipada das persoas con discapacidade superior ao 45%
25 Maio, 2023
Histórico balance de emprego das entidades Down de Galicia con 219 contratos en empresas ordinarias en 2022
28 Abril, 2023
A Deputación da Coruña volve colaborar con Down Galicia en dous proxectos na provincia
30 Marzo, 2023
Persoas usuarias da asociación Down Lugo saen á rúa a reclamar os seus dereitos polo Día Mundial da Síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Carlota asina o seu primeiro contrato de traballo
22 Febreiro, 2023
Down Galicia actualiza a súa “Guía de orientación académica e profesional”
2 Febreiro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}