Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

A curta “Felisa e Manolo”, creada por membros de Xuntos, acada o primeiro premio do concurso “Curtas D-Medo” do Concello de Barro

Traballamos

Medramos

Aprendemos

A curta “Felisa e Manolo”, creada por membros de Xuntos, acada o primeiro premio do concurso “Curtas D-Medo” do Concello de Barro

9 Novembro, 2022

» A curta “Felisa e Manolo”, creada por membros de Xuntos, acada o primeiro premio do concurso “Curtas D-Medo” do Concello de Barro

 

“Felisa e Manolo”, unha terrorífica curtametraxe creada por 10 persoas usuarias de Down Pontevedra Xuntos, acaba de ser recoñecida co primeiro premio da categoría xeral do concurso “Curtas D-Medo 2022” do Concello de Barro, ao que concorreron xunto con outras seis pezas de gran nivel.

Abel, Jesús, Jessica, Laura Carballa, Iván, Elisa, Diego, Matías, Laura Pérez e Álvaro son os artífices desta creación audiovisual, centrada na malograda voda de Felisa e Manolo. Así, tras entregar o convite a unha amiga, quedan co cura para ultimar os preparativos, pero de camiño á igrexa teñen un accidente de coche no que morren os tres. Tralo enterro e no día no que se ían celebrar as nupcias, os noivos e o cura érguense das tumbas e celebran unha voda zombie.

Ademais da curta gañadora, os mozos e mozas de Xuntos presentaron tamén unha segunda peza que non foi premiada nesta ocasión. Para a preparación destas dúas curtametraxes dedicaron un total de sete sesións preparatorias: dúas para elaborar os guións, unha para organizar a gravación, dúas xornadas de toma de imaxes e dúas de montaxe e selección de músicas.

O proceso comezou cunha chuvia de ideas e, a partir das temáticas que foron xurdindo, decidiron o argumento principal, e dende aí comezaron a desenvolver e escribir os guións.

En canto ao proceso de gravación, as e os protagonistas contan que foi complicado, pero moi divertido. Había pouco tempo, coincidiu con días de choiva e incluso houbo que argallar un sistema para a escena do coche en movemento, xa que ningunha das persoas protagonistas conducía. Sen embargo, todo saíu adiante grazas ao traballo en equipo.

Ademais de mellorar as súas dotes interpretativas, con esta actividade puideron traballar outros temas como proxectar a voz, vocalizar, memorizar ou utilizar o galego, entre outros. E tamén houbo espazo para a improvisación, que sempre aporta material útil e interesante para a montaxe final. Posteriormente, co apoio de Luis e Sonia, técnicos da entidade, seleccionaron as escenas, escolleron a música e elaboraron a montaxe final das pezas.

O certo é que o pasaron xenial con esta experiencia, que están desexando repetir. De feito, xa están cavilando ideas para o certame do vindeiro ano.

En canto ao premio, consistente en 200€, acordaron repartilos entre todas as persoas participantes e gastalos en algo conxunto, como desfrutar dun día tomando algo e indo ao balneario de Cuntis.

O certame “Curtas D-Medo” foi creado hai 6 anos co obxectivo de dinamizar a creación en galego entre a poboación do Concello de Barro, explorar e dar a coñecer a creatividade audiovisual a través da gravación de curtas, fomentar o uso do galego nunha actividade actual e atractiva para o público mozo e ser un centro de transferencia e dinamización cultural.

Entradas relacionadas

Xuntos e a corporación municipal reivindican a importancia da inclusión con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Distribuciones Froiz contrata a catro persoas da bolsa de emprego de Xuntos para a campaña de Nadal
27 Decembro, 2022
O Encontro de mozos, mozas e persoas adultas de Down Galicia reúne a máis de 130 persoas que esperan “poder repetir moi pronto”
3 Outubro, 2022
Down Lugo espreme o verán con dúas excursións á costa atlántica
29 Xullo, 2022
Down Lugo percorre unha etapa do Camiño Primitivo
1 Xullo, 2022
Mozos e mozas de Xuntos retoman o seu voluntariado na protectora Os Palleiros tralo parón pola COVID
16 Xuño, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}