Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Galicia renova o seu Punto Virtual de Educación para apoiar ao profesorado na construción dunha escola máis inclusiva

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Galicia renova o seu Punto Virtual de Educación para apoiar ao profesorado na construción dunha escola máis inclusiva

15 Novembro, 2022

» Down Galicia renova o seu Punto Virtual de Educación para apoiar ao profesorado na construción dunha escola máis inclusiva

 

A Federación Down Galicia, entidade que agrupa ás sete entidades específicas para a síndrome de Down da comunidade autónoma galega, vén de renovar integramente o seu Punto Virtual de Educación, un espazo web que ten por finalidade apoiar ao profesorado galego no deseño dunha escola máis inclusiva.

O portal web, que Down Galicia pon a disposición de toda a comunidade educativa desde hoxe mesmo, busca favorecer a inclusión de todo o alumnado nas aulas e nos centros escolares e mellorar a coordinación e a colaboración entre os distintos axentes implicados no proceso educativo.

Este Punto Virtual de Educación incorpora moitísima información, materiais e documentación, facilitando así un recurso máis na atención á diversidade presente nas aulas. Por un lado, inclúe información sobre o servizo de inclusión educativa das entidades Down de Galicia e os conceptos clave nos que se fundamenta, así como tamén sobre as barreiras máis frecuentes que impiden e/ou dificultan a participación do alumnado coa síndrome de Down e discapacidade intelectual.

Por outra banda, identifica e orienta na importancia da accesibilidade dos materiais empregados e ofrece información sobre distintos enfoques e metodoloxías inclusivas que favorecen a aprendizaxe.

Tamén conta cun extenso apartado coas preguntas máis frecuentes sobre a inclusión na aula das persoas coa síndrome de Down ou outra discapacidade intelectual e cun espazo con documentación fundamental para comprender a importancia da inclusión educativa.

Por último, ofrece un apartado para poder realizar consultas ou enviar información ao equipo de profesionais do servizo de educación da Federación, buscando deste xeito que sexa un espazo vivo e de intercambio, no que o profesorado tamén poida compartir as súas experiencias e materiais, enriquecendo este recurso.

 

A educación inclusiva: un dereito fundamental

O Movemento Down en Galicia leva case 25 anos reivindicando a importancia da construción dun modelo educativo inclusivo baseado nos principios de calidade, equidade, flexibilidade e respecto á diversidade, e loitando para que todo o alumnado acceda á educación ordinaria e participe en igualdade de condicións, contando con apoios, modificando todo aquilo que sexa preciso, prevendo as distintas barreiras e propoñendo solucións ás mesmas.

A educación inclusiva implica cambios para poder dar resposta ao modelo social de apoio e atención ás persoas con discapacidade fronte ao modelo rehabilitador. En palabras de Delmiro Prieto, presidente de Down Galicia, “as persoas con discapacidade non son a raíz do problema, senón que o son as diferentes barreiras coas que se atopan e as limitacións da propia sociedade para prestar servizos apropiados e para asegurar adecuadamente que as necesidades das persoas con discapacidade sexan tidas en conta dentro do sistema educativo”. O presidente de Down Galicia indica de forma tallante que “a educación ou é inclusiva ou non é educación” e lamenta que sexa “algo frecuente que se pense que algo é educación inclusiva cando non o é”.

A educación é un dereito fundamental de todas as persoas, e facelo efectivo esixe garantir que todos os nenos e nenas, mozos e mozas teñan acceso a un sistema educativo de calidade en igualdade de oportunidades. Un sistema que recoñeza o valor da diferenza e apoie a todo o alumnado para conseguir o seu máximo desenvolvemento.

O dereito a unha educación inclusiva está avalado pola Convención Internacional da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, que no seu artigo 24 recoñece que “os Estados asegurarán un sistema de educación inclusivo a todos os niveis para as persoas con discapacidade”. Esta Convención foi ratificada en 2008 e aprobada por unanimidade polo Parlamento de Galicia e é de obrigado cumprimento en España ao ter rango de tratado xurídico internacional de Dereitos Humanos.

É por iso que desde o Movemento Down en Galicia continúan insistindo na necesidade de abordar un cambio na metodoloxía de traballo, utilizando enfoques inclusivos nas aulas como o Deseño Universal da Aprendizaxe (DUA), e metodoloxías como a aprendizaxe por proxectos, a aprendizaxe cooperativa ou a programación multinivel, entre outras, que eliminarían as barreiras existentes desde o primeiro momento.

Tamén reclaman máis recursos públicos e máis implicación das administracións para que a escolarización inclusiva do alumnado con discapacidade sexa unha realidade, e esixe a estas últimas compromiso, claridade e concreción á hora de definir o que é a educación inclusiva.

Para conseguir unha verdadeira inclusión educativa é preciso contar con profesorado especialista suficiente, que dará apoio tanto a aquel alumnado con necesidades específicas de apoio educativo coma ao resto dos seus compañeiros e compañeiras, evitando deixar atrás a ningunha persoa por mor da súa discapacidade; pero tamén que o resto do profesorado se forme e empregue na aula metodoloxías que promovan a inclusión de todo o alumnado.

Entradas relacionadas

Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
23 Marzo, 2023
Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Reserva a túa cunca vintage polo Día Mundial da Síndrome de Down e colabora con Down Galicia na loita contra os estereotipos
13 Marzo, 2023
‘Eu decido’: manifesto do CERMI Mulleres polo Día Internacional da Muller
8 Marzo, 2023
Down Galicia lanza unha guía cos principais recursos sobre atención sanitaria de persoas coa síndrome de Down
15 Febreiro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}