Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

A Deputación de Ourense volve a colaborar no programa Emprego Con Apoio de Down Galicia na provincia

Traballamos

Medramos

Aprendemos

A Deputación de Ourense volve a colaborar no programa Emprego Con Apoio de Down Galicia na provincia

28 Novembro, 2022

» A Deputación de Ourense volve a colaborar no programa Emprego Con Apoio de Down Galicia na provincia

 

A Deputación de Ourense apoia de novo o proxecto “Emprego con Apoio: Talento profesional de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual da provincia de Ourense” que Down Galicia puxo en marcha nesta provincia. Mediante esta achega, que ascende a 3.150€, facilitáronse unha serie de apoios a un total de 24 persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais encamiñados a conseguir a súa inclusión no mercado laboral ordinario durante o ano 2022.

Grazas a esta axuda, o proxecto desenvolveuse por toda a provincia, especialmente na capital e nas cidades e concellos máis importantes, aínda que tamén naquelas áreas xeográficas ás que pertencen os usuarios e usuarias do proxecto de emprego. Na área de influencia de Ourense, ademais da propia capital, pódense citar San Cibrao das Viñas e Barbadás.

Das 24 persoas participantes neste proxecto, 21 delas contaron cunha oportunidade laboral, chegando o número total de contratos vixentes ata os 38 ao longo do ano 2022. Tal e como podemos observar, destaca o caso de varias persoas que asinaron máis dun contrato ó longo do ano, ben por tratarse de contratos temporais ou ben prórrogas destes na mesma empresa. Por tanto, practicamente a totalidade destas contratacións son de curta duración e a tempo parcial, o que dificulta a consecución dunha estabilidade laboral e un proxecto de vida.

Down Galicia desenvolve desde o ano 2002 o programa Emprego con Apoio, deseñado para atender especificamente as necesidades e barreiras que as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais atopan á hora de intentar acceder ao mercado laboral ordinario.

Este modelo baséase nun sistema estruturado de apoios e acompañamentos para guiar ás persoas demandantes de emprego a través de todo o proceso de inserción socio-laboral e asegurar a súa correcta incorporación ao posto de traballo. Deste xeito, as persoas que se incorporan a un posto, contan co apoio dun preparador ou preparadora laboral que se encarga de levar a cabo unha formación específica no propio posto de traballo, para que o traballador ou traballadora poida ir adquirindo progresivamente unha adecuada execución das tarefas. O apoio tamén se centra na potenciación da interacción social cos compañeiros e compañeiras de traballo e na mediación na relación con eles para que se desenvolva de xeito positivo e natural.

Entradas relacionadas

A Deputación de Pontevedra apoia de novo a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
25 Xaneiro, 2023
Boas prácticas en accesibilidade cognitiva: as entidades de Down Galicia fan os seus espazos máis accesibles da man de Autismo Galicia
20 Xaneiro, 2023
“Estou contenta de ter un traballo para toda a vida que me permita seguir sendo independente”
4 Xaneiro, 2023
Noela Avendaño consolida a súa praza de funcionaria no Concello de Vigo
28 Decembro, 2022
Distribuciones Froiz contrata a catro persoas da bolsa de emprego de Xuntos para a campaña de Nadal
27 Decembro, 2022
A Consellería de Política Social e Xuventude colabora no mantemento de Down Galicia e os seus programas de autonomía persoal
2 Decembro, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}