Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Política Social impulsa o proxecto de avaliación do envellecemento de Down Galicia

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Política Social impulsa o proxecto de avaliación do envellecemento de Down Galicia

30 Novembro, 2022

» Política Social impulsa o proxecto de avaliación do envellecemento de Down Galicia

 

A través dun convenio de colaboración asinado o pasado mes de setembro, a Consellería de Política Social e Xuventude contribúe ao financiamento das actuacións que Down Galicia está a desenvolver nas súas sete entidades membro durante este ano 2022 no eido do envellecemento activo. As persoas beneficiarias son un total de 587 persoas coa síndrome de Down ou discapacidade intelectual a partir dos 20 anos.

Este acordo, que achega á Federación cen mil euros (100.000€), ten por obxectivo a realización dun proxecto de avaliación do envellecemento das persoas coa síndrome de Down e con discapacidade intelectual, que está a beneficiar a aqueles membros da Federación en etapa adulta e ás súas familias.

Deste xeito, asegúraselles a adecuación dos recursos de atención e avaliación nesta etapa, para facilitarlles maiores oportunidades de envellecemento activo e saudable que fomenten a súa independencia e autonomía persoal, así como a mellora da súa calidade de vida.

As actuacións desenvoltas durante o período de vixencia do convenio son:

  1. Revisión do fondo bibliográfico, rentabilizando os estudos, conclusións e liñas de actuación existentes. Todo o material é revisado e compartido entre os profesionais de Down Galicia que forman parte da comisión de envellecemento da Federación.
  2. Acollida e presentación do proxecto, facilitando toda a información relativa aos obxectivos, actuacións, motivación do deseño e posta en marcha do proxecto ás persoas destinatarias.
  3. Avaliación do envellecemento das persoas usuarias. Establecer protocolos de valoración e diagnóstico dos síntomas do proceso de envellecemento acelerado das persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual a través da revisión do Protocolo de Avaliación e Seguimento do Envellecemento (protocolo ASE) e a súa aplicación.
  4. Análise de datos e de necesidades. Unha vez recollida a información segundo o establecido no protocolo, procederase a facer unha análise exhaustiva dos datos recompilados por parte de cada centro de traballo.
  5. Establecemento de liñas de actuación e recursos de apoio. Obtidas as conclusións en cada entidade, será imprescindible darlle unha continuidade a través da identificación dos recursos e apoios que se consideran necesarios para dar resposta á atención das necesidades.

A media da esperanza de vida das persoas coa síndrome de Down incrementouse de xeito significativo nos últimos anos, chegando incluso a superar os 60 anos. Os estudos amosan que as persoas con esta síndrome teñen un envellecemento prematuro, que comeza en torno aos 35 e 40 anos, e máis probabilidade de que este sexa patolóxico.

Por iso é necesario traballar en torno ao envellecemento activo do colectivo e á súa participación en recursos comunitarios para maiores e/ou especializados na atención a persoas con Alzheimer, garantindo o principio de inclusión, participación e igualdade de oportunidades tamén na etapa da vellez.

Por outra banda, tamén é fundamental avanzar no coñecemento das persoas maiores coa síndrome e Down e das súas particularidades, favorecendo así unha mellor e máis axustada atención, que garanta un benestar e que dita atención non sexa prexulgada e condicionada polo feito de ter síndrome de Down ou discapacidade intelectual.

O proxecto ten como conclusións cumprir os desexos dunha vida normalizada, as expectativas de continuación da autonomía e independencia na propia vivenda, e o derrube de barreiras relacionadas coa descoñecemento do colectivo e a presenza de estereotipos e crenzas erróneas que limitan a atención socio sanitaria.

Entradas relacionadas

Máis de 500 persoas recibiron formación no programa integrado para o fomento da empregabilidade de persoas vulnerables no que participou a Federación
15 Novembro, 2023
Máis de mil cincocentas accións desenvoltas no Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia, que atende a 249 persoas demandantes
24 Outubro, 2023
Down Galicia organiza a primeira xuntanza autonómica de irmáns e irmás de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
2 Outubro, 2023
Down Galicia lanza unha actualización da súa guía con normas e recomendacións sobre lectura fácil
27 Setembro, 2023
Esforzo e dedicación no proceso selectivo estatal para o ingreso como persoal de tarefas complementarias de apoio
20 Setembro, 2023
Premio Insua dos Poetas a Down Galicia polo seu labor no eido da acción social
31 Xullo, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}