Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Distribuciones Froiz contrata a catro persoas da bolsa de emprego de Xuntos para a campaña de Nadal

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Distribuciones Froiz contrata a catro persoas da bolsa de emprego de Xuntos para a campaña de Nadal

27 Decembro, 2022

» Distribuciones Froiz contrata a catro persoas da bolsa de emprego de Xuntos para a campaña de Nadal

 

Son moitas as empresas da cidade de Pontevedra e da súa comarca que, desde hai anos, confían no programa de Emprego con Apoio de Down Pontevedra “Xuntos”. Un claro exemplo é Distribuciones Froiz, que desde os inicios do programa no ano 2002, contrata ano tras ano a varias persoas da bolsa de emprego da entidade para a campaña de Nadal.

Durante o último mes, Xiana Moreira, Carlos Pais, Adrián Fernández e Helga García, traballaron como mozos/as de almacén na empresa, elaborando lotes e cestas de Nadal. As catro persoas traballadoras estiveron contratadas a xornada parcial e desenvolveron as súas tarefas de luns a venres en horario de mañá.

“É a miña primeira vez en Froiz. Estou moi a gusto e contenta cos compañeiros de traballo”, explica Xiana. Pola súa parte, Carlos comenta que “é un traballo que me gusta, combina tarefas en cinta elaborando lotes con outras tarefas de almacén”. Ambos, contentos coa súa experiencia, inciden en que lles gustaría repetir.

 

Balance anual do programa de emprego de Xuntos

Nos últimos anos a bolsa de emprego de Down Pontevedra “Xuntos” está sendo sinónimo de eficacia e é que o 92% das persoas que forman parte do Programa de Emprego con Apoio da entidade estiveron activas nalgún momento do ano.

Ao longo do ano 2022, 23 das 25 persoas usuarias do programa de Emprego con Apoio contaron cun contrato de traballo. Ademais, asinouse tamén un prórroga de contrato, un conversión a indefinido e dous convenios e colaboración en prácticas.

Pero as inquedanzas das persoas integrantes da bolsa de emprego de Xuntos non quedan satisfeitas coa sinatura dun contrato. É por iso que 12 delas están a preparar oposicións na entidade, algunhas de xeito simultáneo ao desempeño dos seus traballos.

Por outra banda, é especialmente importante nestes momentos poñer en valor o número de empresas colaboradoras no último período, que nesta ocasión alcanzaron as 19.

 

O programa de Emprego con Apoio

Desde o ano 2002, as entidades Down en Galicia desenvolven o servizo de Emprego con Apoio, deseñado para atender especificamente as necesidades e barreiras que as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais atopan á hora de intentar acceder ao mercado laboral ordinario.

Este modelo baséase nun sistema estruturado de apoios e acompañamentos para guiar ás persoas demandantes de emprego a través de todo o proceso de inserción socio-laboral e asegurar a súa correcta incorporación ao posto de traballo. Deste xeito, as persoas que se incorporan a un posto, contan co apoio dun preparador ou preparadora laboral que se encarga de levar a cabo unha formación específica no propio posto de traballo, para que o traballador ou traballadora poida ir adquirindo progresivamente unha adecuada execución das tarefas. O apoio tamén se centra na potenciación da interacción social cos seus compañeiros e compañeiras de traballo e na mediación na relación con eles para que se desenvolva de xeito positivo e natural.

O acceso en igualdade de condicións a un posto de traballo segue a ser un dos grandes retos das entidades que traballan a prol da inclusión laboral das persoas con discapacidade. A participación e a cada vez maior presenza das persoas con discapacidade intelectual nas empresas ordinarias contribúe de xeito eficaz a desterrar os tópicos que tradicionalmente se atribúen a este colectivo, resultando un xeito sumamente eficaz de inclusión social.

Entradas relacionadas

25 persoas das entidades de Down Galicia realizan prácticas laborais na Xunta de Galicia a través de Política Social e Xuventude
4 Decembro, 2023
A Deputación de Ourense colabora no proxecto Emprego Con Apoio de Down Galicia na provincia
28 Novembro, 2023
Tres mulleres de Xuntos acadan un posto de traballo en empresas da comarca de Pontevedra
24 Novembro, 2023
Máis de 500 persoas recibiron formación no programa integrado para o fomento da empregabilidade de persoas vulnerables no que participou a Federación
15 Novembro, 2023
Un mozo e unha moza de Down Lugo melloran as súas competencias laborais no Concello
10 Novembro, 2023
Máis de mil cincocentas accións desenvoltas no Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia, que atende a 249 persoas demandantes
24 Outubro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}