Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

“Estou contenta de ter un traballo para toda a vida que me permita seguir sendo independente”

Traballamos

Medramos

Aprendemos

“Estou contenta de ter un traballo para toda a vida que me permita seguir sendo independente”

4 Xaneiro, 2023

» “Estou contenta de ter un traballo para toda a vida que me permita seguir sendo independente”

 

Estefanía Lorenzo é unha moza de 29 anos, membro de Down Ourense, que a finais do pasado ano, tras superar un concurso-oposición, conseguiu unha praza fixa como persoal de servizos xerais do Servizo Galego de Saúde.

Concretamente, comezou a traballar no Centro de Orientación Familiar (COF) de Ribadavia, onde, tal e como ela mesma comenta, as súas tarefas son “levar as axendas de citación de catro profesionais diferentes, que son o traballador social, psicoloxía, matrona e xinecoloxía, dando citas polo ordenador, atendendo as chamadas telefónicas e dando citas de forma presencial”.

Estefanía asegura que “foi algo inesperado” porque “o día do exame puxeron preguntas bastante rebuscadas para que moitos suspenderan”, pero todo saíu ben porque dedicou moitas horas á preparación desta proba, “desde o ano 2019 ata abril de 2021”.

As súas preparadoras laborais en Down Ourense confirman que este gran éxito foi conseguido a base de moito esforzo e dedicación: “É unha persoa moi tenaz e constante, o que fai que se propoña un obxectivo e intente acadalo de tódolos xeitos posibles”.

 

Adquirindo tarefas coa metodoloxía de Emprego con Apoio

Estefanía afirma estar moi contenta no seu novo posto de traballo, no que xa ten preferencia por algunha tarefa: “O que máis me gusta é dar as citas co ordenador e o que menos atender as chamadas telefónicas”.

Para o perfecto desenvolvemento de todas estas tarefas conta co apoio das preparadoras laborais de Down Ourense, que a acompañarán ata o momento que ela o precise e se desenvolva con total autonomía. “O apoio que está a recibir Estefanía é o mesmo que se lle da a calquera das persoas que se incorporan a un posto na empresa privada, no que unha preparadora laboral acode a diario coa persoa usuaria ata que se adquiren as diferentes tarefas do posto e se vai sendo cada vez máis autónomo na realización das mesmas” explica Nuria Formoso, profesional da área de emprego de Down Ourense.

“Neste caso concreto, o apoio tamén o está a realizar unha compañeira que fai o mesmo traballo en O Carballiño e que acudirá a Ribadavia para formar a Estefanía e á súa preparadora laboral durante o tempo necesario”, aclaran desde Down Ourense. “Posteriormente, Estefanía e mais ela conformarán un equipo, xa que ambas desempeñan a súa labor no Centro de Orientación Familiar de Carballiño-Ribadavia, que se considera como un único centro, e van compartir tarefas cada unha na súa localidade”.

O traballo das preparadoras laborais tamén se centra na interacción da persoa que comeza a traballar cos seus novos compañeiros e compañeiras. Estefanía afirma que, nos días que leva, “aínda non me deu tempo a coñecelos a todos, pero coas persoas que levo tido contacto teño boa relación”.

 

Un longo percorrido que remata cun traballo para toda a vida

O camiño de Estefanía para conseguir unha praza fixa iniciouse no ano 2017, no que comezou a asistir en Down Ourense ás sesións de preparación de oposicións dos distintos procesos aos que se foi presentando. Ademais da de Persoal de Servizos Xerais do Sergas, na que acadou o seu obxectivo de obter un posto de traballo de carácter indefinido, a moza xa se presentara en dúas ocasións ás probas de subalterno da Xunta de Galicia, a un posto de uxier no Parlamento e para auxiliar de tarefas complementarias nunha convocatoria estatal.

Acudía á entidade tres tardes á semana para as clases presenciais, ata que chegou o COVID e estas pasaron a ser telemáticas. Isto fixo que o traballo dende a casa se duplicase, xa que non só era adaptarse á nova situación, senón tamén ao novo funcionamento das sesións.

Ao mesmo tempo que preparaba estes procesos selectivos, a moza continuaba traballando ata que a súa empresa entrou en ERTE por mor da situación derivada da pandemia, o que lle facilitou ter máis tempo para o estudo.

Ademais, Estefanía ten o certificado B1 de inglés da Escola Oficial de Idiomas, estudos que realizou porque lle parecía un complemento necesario para a súa profesión, e titulouse no grao medio de Xestión Administrativa.

No eido do emprego, esta é a terceira experiencia de Estefanía dende que no ano 2018 se incorporase ao mundo laboral despois de formarse en diferentes programas de Down Ourense. O seu primeiro traballo foi como axudante de cociña nun restaurante da cidade, no que Estefanía foi poñendo a proba todo o adquirido durante o tempo de formación na entidade, e no ano 2021 xurdiulle a posibilidade de incorporarase ás oficinas do Colexio de Avogados de Ourense como auxiliar administrativo na súa sede dentro do edificio do xulgado.

En palabras de Estefanía, a súa experiencia neste último posto foi “moi boa, xa que os compañeiros foron moi bos e trataron de axudarme no que podían. Facía tarefas como dar as togas aos avogados para os xuízos, fotocopias, selado de documentos, venta de lotaría do colexio polo Nadal, etc.”.

 

A realidade dunha vida autónoma e independente

Estefanía é unha rapaza con multitude de afeccións, entre as que destacan a lectura, as mascotas, as viaxes e o tempo en familia.

Pero unha das inquedanzas desta moza ourensá sempre foi poder vivir e desenvolverse de maneira autónoma e independente. De aí que xa leve un ano vivindo soa na cidade de Ourense, sentíndose “ben” con unha experiencia á que se acostumou “facilmente”.

Dende Down Ourense destacan “a capacidade de esforzo e superación por parte de Estefanía á hora de enfrontarse a novos retos laborais que lle permitisen acadar o obxectivo final de ser totalmente independente e ser capaz de dirixir a súa vida plenamente”.

Agora, tras comezar a traballar no COF de Ribadavia, que se atopa moi preto do domicilio familiar, vai mudar o seu enderezo de novo a Arnoia, localidade na que reside a súa familia.

Preguntada sobre que lle diría á xente que pensa que as persoas con discapacidade intelectual non poden ter unha vida autónoma, afirma con rotundidade que “podemos vivir sós, aínda que nos custe facer certas cousas”.

 

Dende Down Galicia queremos darlle os parabéns a Estefanía por conseguir esa praza fixa, pero, sobre todo, por servirnos de inspiración e de estímulo para acadar todo aquelo que nos propoñamos.

Entradas relacionadas

A Deputación de Pontevedra apoia de novo a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
25 Xaneiro, 2023
Noela Avendaño consolida a súa praza de funcionaria no Concello de Vigo
28 Decembro, 2022
Distribuciones Froiz contrata a catro persoas da bolsa de emprego de Xuntos para a campaña de Nadal
27 Decembro, 2022
Mozos e mozas de Down Ourense e Down Vigo fórmanse nun título propio da Universidade de Vigo
1 Decembro, 2022
A Deputación de Ourense volve a colaborar no programa Emprego Con Apoio de Down Galicia na provincia
28 Novembro, 2022
Pleno de aprobados no exame do proceso selectivo estatal para ingreso como persoal laboral fixo
24 Novembro, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}