Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Compostela presenta en Ecuador o seu programa para a mellora das competencias dixitais

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Compostela presenta en Ecuador o seu programa para a mellora das competencias dixitais

19 Xaneiro, 2023

» Down Compostela presenta en Ecuador o seu programa para a mellora das competencias dixitais

 

O pasado mes de decembro, a Fundación Down Compostela participou no seminario online internacional que a Fundación Fasinarm de Ecuador organizou con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Neste ciclo de conferencias virtual, a entidade presentou o seu Programa de mellora de competencias dixitais na etapa de vida adulta, posto en marcha durante a pandemia e no que participaron de forma activa moitas das persoas con discapacidade que acoden á Fundación.

A coordinadora do programa de Inclusión Social e Laboral de Down Compostela, Aloia Lema, e a logopeda Rebeca Esmorís, que compartiron protagonismo con outras persoas expertas españolas, ecuatorianas, arxentinas e colombianas, expuxeron como xurdiu esta iniciativa, como se desenvolveu durante a pandemia e como continúa evolucionando na actualidade.

Na súa intervención, as dúas profesionais explicaron como durante a pandemia deseñáronse e puxéronse en marcha estratexias desde a Fundación para mellorar as competencias dixitais a través de diferentes ferramentas e iniciativas. Un novo enfoque que xerou un cambio de formulación, pasando da formación instrumental á abordaxe transversal das novas tecnoloxías, que permitiu poñer en marcha diferentes proxectos que, entre outros beneficios para as persoas con discapacidade intelectual, contribuíron a minimizar os riscos da fenda dixital durante a crise sanitaria xerada polo coronavirus, e que hoxe seguen espertando o interese das persoas que acoden a Down Compostela.

Ademais, o traballo realizado durante a pandemia para fomentar o uso das novas tecnoloxías tivo continuidade a través de dous proxectos. Un deles é a exposición Iguais.gal, que ten por obxectivo reivindicar a diversidade, o feminismo e as novas tecnoloxías como elementos crave na nosa sociedade e que percorreu xa varios centros socioculturais de Santiago. O segundo, que se puxo en marcha recentemente, trátase do Telexornal DC, un informativo no que as persoas con discapacidade contan as noticias que lles chamaron a atención da súa contorna máis próxima e que facilita a mellora da expresión oral e o uso das novas tecnoloxías.

Pero ademais de presentalo neste seminario internacional, o equipo de Inclusión Social e Laboral de Down Compostela xa dera a coñecer este proxecto con anterioridade. Aloia Lema Tilve asina un extenso traballo publicado o mes de marzo de 2021 no número 37 de Revísta Síndrome de Down Vida Adulta.

Entradas relacionadas

SEUR contrata de forma indefinida a Manu Otero, membro de Down Compostela
14 Xuño, 2022
As entidades Down sensibilizan sobre a importancia do emprego ordinario en distintos centros de formación profesional
10 Xuño, 2022
O Campionato de Baristas Down de Galicia volve á presencialidade na súa novena edición
8 Xuño, 2022
O Xacobeo ilumina monumentos de Galicia co emblema das entidades Down para apoiar o Día Mundial da Síndrome de Down
18 Marzo, 2022
A Fundación Down Compostela e a Federación Down Galicia organizan un acto conmemorativo polo Día Mundial da síndrome de Down
15 Marzo, 2022
Down Compostela estrea a exposición “Iguais.gal” con motivo do Día da Muller
12 Marzo, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}