Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Boas prácticas en accesibilidade cognitiva: as entidades de Down Galicia fan os seus espazos máis accesibles da man de Autismo Galicia

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Boas prácticas en accesibilidade cognitiva: as entidades de Down Galicia fan os seus espazos máis accesibles da man de Autismo Galicia

20 Xaneiro, 2023

» Boas prácticas en accesibilidade cognitiva: as entidades de Down Galicia fan os seus espazos máis accesibles da man de Autismo Galicia

 

A accesibilidade cognitiva é un privilexio para toda a sociedade, destinada a facilitar a información que chega da nosa contorna. Por iso, a Federación Autismo Galicia está a colaborar xunto coa Federación Down Galicia, implantando medidas de accesibilidade cognitiva na súa sede de Santiago de Compostela.

Gracias á colaboración entre ambas entidades, o servizo de accesibilidade cognitiva da FAG foi o encargado de realizar unha avaliación da contorna da sede de Down Compostela e Down Galicia. Como resultado desta avaliación de necesidades, implantáronse unha serie de medidas concretas en accesibilidade cognitiva adecuadas ás necesidades espaciais da entidade e o perfil das persoas que empregan os espazos.

Deste xeito mellórase o espazo para tornalo máis amable e participativo para todas as persoas que cada día conviven e traballan na entidade Down, que desenvolve a súa labor a través do Servizo de Promoción da Autonomía Persoal para persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.

 

A accesibilidade cognitiva é unha realidade

Coa entrada en vigor da Ley 6/2022, de 31 de marzo, de modificación del Texto Refundido de la Ley General de derechos de las personas con discapacidad y de su inclusión social, aprobado por el Real Decreto Legislativo 1/2013, de 29 de noviembre, para establecer y regular la accesibilidad cognitiva y sus condiciones de exigencia y aplicación, instáurase en España un precedente lexislativo para mellorar a participación -en todos os estamentos sociais- de toda a cidadanía.

A accesibilidade cognitiva xa é lei, e dende Federación Autismo Galicia traballan a prol dunha sociedade onde as barreiras -físicas, sociais e/ou cognitivas- queden asolagadas polas boas prácticas en accesibilidade. Grazas a entidades como Down Galicia, que se suman ao impulso de accións e estratexias concretas en accesibilidade cognitiva, vanse achegando os recursos e oportunidades á comunidade, e máis concretamente, ás persoas con necesidades neste eido.

 

De cara ao futuro

Esta primeira acción na sede de Down Galicia na capital galega, abre as colaboracións a nivel rexional que se levarán a cabo entre Down Galicia e Autismo Galicia. Co fin de continuar instaurando medidas en accesibilidade cognitiva, mellorando así o acceso nas súas instalacións e impulsando actuacións para a participación equitativa das súas persoas usuarias, ambas federacións traballarán para fomentar as boas prácticas en accesibilidade cognitiva nas entidades Down de Pontevedra, Lugo e A Coruña.

Deste xeito, Federación Autismo Galicia e as entidades de Down Galicia, embárcanse nun proxecto conxunto, baixo unha mesma visión de mellora social e de reivindicación dos dereitos das persoas con discapacidade e dificultades cognitivas a través do proxecto de mellora da accesibilidade cognitiva nas súas contornas.

Entradas relacionadas

A Deputación de Pontevedra apoia de novo a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
25 Xaneiro, 2023
A Consellería de Política Social e Xuventude colabora no mantemento de Down Galicia e os seus programas de autonomía persoal
2 Decembro, 2022
Política Social impulsa o proxecto de avaliación do envellecemento de Down Galicia
30 Novembro, 2022
A Deputación de Ourense volve a colaborar no programa Emprego Con Apoio de Down Galicia na provincia
28 Novembro, 2022
Pleno de aprobados no exame do proceso selectivo estatal para ingreso como persoal laboral fixo
24 Novembro, 2022
Down Galicia renova o seu Punto Virtual de Educación para apoiar ao profesorado na construción dunha escola máis inclusiva
15 Novembro, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}