Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

A Deputación de Pontevedra apoia de novo a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down

Traballamos

Medramos

Aprendemos

A Deputación de Pontevedra apoia de novo a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down

25 Xaneiro, 2023

» A Deputación de Pontevedra apoia de novo a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down

 

Cunha achega de 6.001,22€, a Deputación de Pontevedra vén de dar continuidade á colaboración que dende hai xa varios anos ofrece ao proxecto “Emprego Con Apoio na provincia de Pontevedra” que Down Galicia leva a cabo nesta zona. Esta aposta pola inclusión laboral permitiu que un total de 111 persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais contaran cunha serie de apoios encamiñados a conseguir a súa participación no mercado laboral ordinario durante o ano 2022.

Grazas a esta axuda puideron prestarse apoios por toda a provincia, especialmente na capital e nas cidades e concellos máis importantes, aínda que tamén naquelas áreas xeográficas ás que pertencen os usuarios e usuarias do proxecto de emprego. Na área de influencia de Pontevedra, ademais da propia cidade do Lérez, pódense citar Poio, O Grove, Vilalonga, Sanxenxo e Moaña. Mentres, na área de Vigo, ademais da cidade olívica, destacan Mos, O Porriño, Salvaterra de Miño, Tui, Baiona, Moaña e Salceda de Caselas.

Durante este período, o total de contratos vixentes alcanzou as 100 contratacións para 91 persoas usuarias, a maioría delas a tempo parcial. Ademais, 6 persoas fixeron prácticas e asináronse un total de 11 convenios novos con empresas. Os sectores máis destacados onde se están a levar a cabo estas contratacións ou prácticas son o sector do comercio, a hostalería e a administración.

Ademais, durante este período, contactáronse un total de 191 empresas de toda a provincia co obxectivo de lograr unha oportunidade laboral para algunha das persoas destinatarias deste proxecto.

En Down Galicia cremos na eficacia do Emprego Con Apoio desde o ano 2002. Esta metodoloxía, orientada á inserción laboral das persoas con discapacidade intelectual no ámbito laboral ordinario, ofrece os apoios necesarios dentro e fóra da contorna laboral para conseguir unha óptima adaptación do empregado ou empregada ao posto de traballo. Deste xeito, a empresa conseguirá traballadores e traballadoras cualificados que se formarán directamente nos seus postos de traballo. A figura do preparador ou preparadora laboral da entidade Down é fundamental no proxecto, xa que acompañará á nova persoa traballadora durante todo o proceso: asesoramento, seguimento e apoio durante o tempo que dura a relación laboral.

Entradas relacionadas

Boas prácticas en accesibilidade cognitiva: as entidades de Down Galicia fan os seus espazos máis accesibles da man de Autismo Galicia
20 Xaneiro, 2023
“Estou contenta de ter un traballo para toda a vida que me permita seguir sendo independente”
4 Xaneiro, 2023
Noela Avendaño consolida a súa praza de funcionaria no Concello de Vigo
28 Decembro, 2022
Distribuciones Froiz contrata a catro persoas da bolsa de emprego de Xuntos para a campaña de Nadal
27 Decembro, 2022
A Consellería de Política Social e Xuventude colabora no mantemento de Down Galicia e os seus programas de autonomía persoal
2 Decembro, 2022
Mozos e mozas de Down Ourense e Down Vigo fórmanse nun título propio da Universidade de Vigo
1 Decembro, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}