Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Fundación Mapfre colabora co envellecemento activo das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Fundación Mapfre colabora co envellecemento activo das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais

27 Xaneiro, 2023

» Fundación Mapfre colabora co envellecemento activo das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais

 

A Fundación Mapfre, a través da XII Convocatoria de axudas para proxectos sociais, colaborou con 10.000 euros no desenvolvemento do proxecto “Apoyo e intervención en el proceso de envejecimiento de personas con síndrome de Down y discapacidad intelectual” que Down Galicia realizou ao longo do 2022 nas súas sete entidades Down, situadas en Santiago, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

A través deste soporte económico, 231 persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais maiores de 20 anos -e priorizando aos maiores de 35- puideron gozar dunha serie de apoios para promover un proceso de avellentamento máis activo e saudable. Deste xeito, pódese dicir que a contribución da Fundación Mapfre terá como beneficiarias, de forma directa, a estas 231 persoas usuarias do proxecto e, de maneira indirecta, a 693 familiares que forman parte da rede de apoio de cada unha delas.

Para a consecución do obxectivo marcado neste proxecto leváronse a cabo distintas actividades, como a valoración do proceso de envellecemento das persoas usuarias, a elaboración dun plan individual de intervención, a avaliación e seguimento do envellecemento, a atención e o apoio psicosocial a familias e a coordinación con recursos socio-sanitarios da contorna comunitaria.

Envellecer é un proceso natural para todas as persoas, mais non deixa de ser unha conquista para as persoas coa síndrome de Down. De feito, nas últimas décadas apreciouse un espectacular aumento da súa esperanza de vida, superando en moitas ocasións os 60 anos. É por iso que empezamos a atoparnos nestes momentos cunha poboación maior de persoas adultas que mostran cambios prematuros relacionados coa idade e novas necesidades físicas, psíquicas, cognitivas e sociais ás que debemos dar resposta.

Para Down Galicia falar de envellecemento é falar de retos, pero tamén de futuro. A sociedade debe proporcionar ás persoas maiores con discapacidade as oportunidades que lles permitan ser o máis autónomas posible, gozar de boa saúde e ser produtivas, fomentando así o benestar e creando contornas ambientais máis propicias e favorables. É dicir, capacitar en lugar de xerar unha dependencia innecesaria.

Entradas relacionadas

Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
23 Marzo, 2023
Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Reserva a túa cunca vintage polo Día Mundial da Síndrome de Down e colabora con Down Galicia na loita contra os estereotipos
13 Marzo, 2023
‘Eu decido’: manifesto do CERMI Mulleres polo Día Internacional da Muller
8 Marzo, 2023
Down Galicia lanza unha guía cos principais recursos sobre atención sanitaria de persoas coa síndrome de Down
15 Febreiro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}