Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Vigo e Carrefour amplían a súa colaboración cunha nova contratación laboral

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Vigo e Carrefour amplían a súa colaboración cunha nova contratación laboral

31 Xaneiro, 2023

» Down Vigo e Carrefour amplían a súa colaboración cunha nova contratación laboral

 

A asociación Down Vigo e a empresa Carrefour veñen de reforzar a súa colaboración coa contratación dunha nova persoa usuaria da entidade, reforzando así o compromiso coa inclusión das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais no mercado laboral ordinario. Trátase de Rubén, que, desde o pasado mes de outubro, forma parte do persoal de limpeza do hipermercado que a compañía ten no Centro Comercial Gran Vía da cidade olívica. As súas funcións, tal e como el explica, son “limpar as oficinas e a tenda”. O seu contrato súmase ao de outra persoa usuaria da asociación, que xa forma parte do persoal da tenda desde o ano 2014.

Rubén uniuse a Carrefour Vigo II en xuño e, tras uns meses demostrando a súa valía, a empresa recompensou o seu esforzo cun contrato dun ano de duración asinado no mes de outubro. Antonio Iglesias, Director de Recursos Humanos de Carrefour, destaca de Rubén “a súa rápida adaptación ao posto, o seu compromiso e a súa ilusión. Había unha frase que repetiu varios días: “Toño, cando empezo?”.

A reacción de Rubén ante a sinatura deste novo contrato é de alegría, pero tamén de orgullo ao ver a súa gran evolución no desenvolvemento do seu traballo e os resultados do seu esforzo: “Cada día véxome mellor e máis rápido”. Sobre isto, Antonio Iglesias indica que “a nivel persoal síntome feliz ao ver a evolución tan positiva de Rubén e o logro de superar as dificultades de comunicación, que hoxe parécenme xa moi afastadas”.

Sendo consciente de que aínda hai cousas que mellorar e que traballa todos os días por superarse, Rubén ten claro o seu obxectivo: “Gustaríame seguir aquí moito tempo e esfórzome porque quero conseguilo”.

A colaboración de Down Vigo e Carrefour Vigo II comezou o seu percorrido no ano 2007. Neste tempo, foron varias as persoas do Servizo de Emprego con Apoio da entidade as que melloraron a súa experiencia laboral na cadea de hipermercados, ben sexa a través de prácticas ou grazas a contratos en distintos postos de traballo, como persoal de caixa ou de reposición. Como afirma Antonio Iglesias, “a incorporación de Rubén ao noso equipo de traballo reafirma o compromiso que temos coa integración de persoas con diferentes capacidades”.

Desde Down Galicia agradecemos a Carrefour a súa implicación coa igualdade de oportunidades e damos os parabéns a Rubén por superar este reto.

Entradas relacionadas

Down Vigo conmemora o Día Mundial da Síndrome de Down con diversos actos en toda a cidade
21 Marzo, 2023
Carlota asina o seu primeiro contrato de traballo
22 Febreiro, 2023
Down Galicia actualiza a súa “Guía de orientación académica e profesional”
2 Febreiro, 2023
Down Galicia e BBVA colaboran para promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual
27 Xaneiro, 2023
A Deputación de Pontevedra apoia de novo a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
25 Xaneiro, 2023
“Estou contenta de ter un traballo para toda a vida que me permita seguir sendo independente”
4 Xaneiro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}